23 abril, 2020

O Ministerio de Industria pon en valor o proxecto pioneiro do Concello de Lugo para asesorar online a autónomos e emprendedores co fin de reforzar os seus negocios

O secretario xeral de Industria e Comercio, Raúl Blanco, e a alcaldesa Lara Méndez, deron hoxe o pistoletazo de saída da iniciativa nunha webinar, á que asistiron 80 participantes. Mónica Álvarez, socia directora en Álvarez Real, abriu o programa falando da  ‘Restruturación financeira e liñas públicas de apoio no Marco del COVID-19 en Lugo’
14 abril, 2020

O Concello organiza este xoves unha videoconferencia con asesorías lucenses para informar sobre as axudas do Plan Reanima

Técnicos municipais explicarán polo miúdo as bases da programación, e responderán a todas as dúbidas que poidan xurdir en canto á solicitude e tramitación das axudas de 5 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno de Lara Méndez As asesorías que desexen participar deberán enviar un email á dirección de correo electrónico cei@lugo.gal […]
9 abril, 2020

O Goberno de Lara Méndez axudará a emprendedores e pemes a reforzar as súas empresas para cando abran as súas portas

O Concello de Lugo, en colaboración coa EOI, lanza un proxecto pioneiro en España para asesorar ao tecido empresarial co fin de minimizar o impacto da crise A alcaldesa sostén que o obxectivo é que, aproveitando o cese da actividade,  os pequenos empresarios poidan facer de xeito gratuíto un análise de diagnose e enfoque con […]
26 marzo, 2020

O Centro de Emprendemento municipal abre unha canle de comunicación directa para resolver consultas sobre a actividade empresarial durante o confinamento

O CEI-Nodus ofrecerá orientación e dará respostas as dúbidas laborais, sobre tramitación de axudas ou prazos que poidan ter as empresas e autónomos. As orientadoras laborais permanecerán operativas para atender aos usuarios.