Creación de empresas

A estretexia de fomento do emprendemento que o Concello de Lugo realiza a través do Cei Nodus, está baseado na creación dun ecosistema emprendedor no que se faciliten as condicións máis adecuadas para favorecer o inicio e posta en marcha de iniciativas empesarias. A misión e impulsar o Cei Nodus como un espazo atractivo para recoller o talento, aberto, competitivo e dinámico e que xere oportunidades de emprego e desenvolvemento económico sostible.

Para a consecucións destes fins o Cei Nodus plantea programas divesrsos para a creación de proxectos empresariais

Os primeiros luns de cada mes en horario de 12:30 a 14:00 h. organízanse pequenos talleres para emprendedores cunha idea de negocio e que responden a pregunta por onde empezar?, e no que se plantexan os pasos a seguir para desenvolver os proxectos empresariais

En función da tipoloxía dos proxectos e das características d@s emprendedor@s direcciónanse os diferentes programas que se estén a executar dende o Cei Nodus orientados a creación formal das empresas.

O Concello de Lugo co obxecto de garantir o acceso a unha financiación adecuada que favoreza as inversións iniciais de aqueles proxectos promovidos por colectivos con menores posibilidades ten asinados convenios con entidades financieras os que @s emprendedor@s poden acceder para facer realidade o seu proxecto empresarial.

En resumo, desde o Cei Nodus, se facilitan as ferramentas necesarias para poñer en marcha os proxectos empresariais.