31 octubre, 2018

O Goberno renova o seu compromiso cos colectivos culturais do municipio e convoca unha liña de axudas de 15.000€ para actividades e infraestruturas

As asociacións interesadas poderán presentar as solicitudes nun prazo de 15 días hábiles contados dende a publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións, a través do BOP. O importe máximo por asociación é de 3.000€
30 octubre, 2018

Rosana Rielo convida á veciñanza inscribirse na web dos Orzamentos Participativos para poder votar as propostas

Debe facerse en loop.lugo.gal. Nesta votación, que arrincará a principios de novembro, poderán participar persoas empadroadas no Concello, maiores de 14 anos
26 octubre, 2018

A Alcaldesa asina con Fomento e Xunta o convenio para dar un novo impulso á rehabilitación no casco histórico

A Alcaldesa, Lara Méndez, asinou este venres en Santiago o convenio de colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta para desenvolver a 15ª fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) do casco histórico, que, cunha dotación económica total de 900.000€, supoñerá un novo impulso á rehabilitación na zona, un dos obxectivos centrais […]
24 octubre, 2018

O Goberno aproba unha liña de axudas por preto de 80.000 euros para ONGDs

O prazo de presentación das solicitudes será de15 días hábiles contados dende a publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións, a través do BOP
23 octubre, 2018

Aberto o prazo para solicitar as axudas para asociacións sociais e transporte en taxi adaptado

O Goberno renova un ano máis o seu apoio tanto a colectivos sen ánimo de lucro como a persoas con problemas de mobilidade, cunha liña de axudas de 43.000 euros As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral ata o 19 de novembro
22 octubre, 2018

Lugo, presente na 12ª Conferencia Internacional de Cidades polo Comercio Xusto

Rosana Rielo vén de asisitr a esta cita, na que se reuniron máis de 250 persoas de 40 países. Para a edil, participar neste encontro anual significa fortalecer o compromiso de Lugo co Comercio Xusto