Que é Europe Direct Lugo?

null

Visita a súa páxina

Europe Direct-Lugo, pertencente á rede de Centros de Información Europea, é o punto desde o que o Concello de Lugo ofrece un servizo de proximidade que permite aos cidadáns obter información, asesoramento , axuda e respostas as súas dúbidas sobre a lexislación, as políticas, os programas e as posibilidades de financiación da Unión Europea.

Diríxese a todas e todos os cidadáns, entidades públicas ou privadas que esten interesadas na procura de información sobre a Unión Europea: Administracións, colectivos, empresarias/os, traballadores e traballadoras, estudantes, profesoras e profesores, etc.

Novas

A alcaldesa, Lara Méndez, inaugurou este venres a xornada online As claves do Pacto Verde Europeo, organizada polo centro municipal de información Europe Direct Lugo. O evento contou coa participación …
O evento contará coa participación de Juan González, analísta político; Roberto Bande, decano da Facultade de ADE; e J. María de Juan, fundador de EARTH O Green Deal, impulsado pola Comisión, …
A alcaldesa mantivo unha videoconferencia cos participantes nesta primeira edición do programa socio-laboral, enmarcado na estratexia DUSI do Concello. Lara Méndez: “Co voso traballo contribuístes a poñer en valor distintos puntos …
null

Bota unha ollada a todas as novas de Europe Direct Lugo

Obxectivos

O obxectivo global de Europe Direct-Lugo é ofrecer información sobre as prioridades de comunicación da Comisión, participar en debates e discusións cos cidadáns seguindo a axenda europea nun contexto nacional, rexional e local promovendo a cidadanía europea activa e contribuír ó desenvolvemento dun espazo público europeo. Como obxectivos específicos:

Fomentar os intercambios, o diálogo, e o entendemento entre as institucións europeas, a opinión pública local, a sociedade civil lucense organizada e determinados públicos especializados a escala europea nacional, rexional e local.

Facilitar ós cidadáns un diálogo máis aberto, no que podan expresar a súa opinión para influír no proceso de toma de decisións a escala da UE.

Fomentar a participación da sociedade civil na vida democrática europea, especialmente habilitando canles para os mozos e as mozas e a comunidade escolar co fin de constituír unha cidadanía europea activa.

Abrir á cidadanía a axenda das institucións europeas para contribuír ó proceso de elaboración das políticas engadindo valor ó proceso lexislativo na UE.

Integrarse activamente nas redes que teñan entre os seus obxectivos fomentar o diálogo e o debate sobre Europa.

Servizos

Europe Direct-Lugo proporciona un servizo de información sobre temas relacionados coa Unión Europea a través de:

Consultas. Pódense realizar persoalmente, por teléfono, fax ou por correo electrónico.

Acceso desde os ordenadores do centro ás bases de datos comunitarias e outras fontes de información da UE.co.

Acceso a documentación relacionada coa Unión Europea: folletos divulgativos, lexislación comunitaria, publicacións oficiais, etc.

Información a través da nosa páxina web e do noso boletín electrónico mensual de toda a actualidade sobre as políticas da Unión Europea.

O Centro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30

Contacto

Onde estamos?

Europe Direct Lugo atópase situado no Espazo>lab, Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo, Avenida da Coruña, 500 (antigo cuartel de Gararabolos) 27003 – Lugo.

Os nosos datos

Responsable do ficheiro: Concello de Lugo. Finalidade; resolver as dúbidas plantexadas. A Lexitimación; é grazas ao teu consentimento. Destinatarios: Os teus datos atópanse aloxados na plataforma de hosting Lugo Internet. As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Lugo, Praza Maior, 1, 27001 – Lugo. Máis información
Únete ás nosas redes!

Se desexa poñerse en contacto con nós, por favor, encha este formulario