O secretario xeral de Industria e Comercio, Raúl Blanco, e a alcaldesa Lara Méndez, deron hoxe o pistoletazo de saída da iniciativa nunha webinar, á que asistiron 80 participantes.

Mónica Álvarez, socia directora en Álvarez Real, abriu o programa falando da  ‘Restruturación financeira e liñas públicas de apoio no Marco del COVID-19 en Lugo’

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través do seu secretario xeral, Raúl Blanco Díaz, puxo en valor ao Concello de Lugo pola posta en marcha, da man da Escola de Organización Industrial (EOI), dun proxecto piloto para darlle asesoramento on line a emprendedores e autónomos do municipio para fortalecer as súas empresas durante a pandemia e que poidan saír reforzadas cando reabran.

Así o fixo durante o pistoletazo de saída deste proxecto hoxe, no que o secretario entrou a saudar aos participantes en videoconferencia, xunto coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Tanto Raúl Blanco como a rexedora destacaron a importancia desta iniciativa, que se desenvolverá para facer fronte e minimizar o impacto da pandemia na economía lucense.

Un total de 80 emprendedores e autónomos participaron na primeira asesoría, que impartiu Mónica Álvarez, de Socia directora en Álvarez Real, empresa lucense, que falou da  ‘Reestruturación financeira e liñas públicas de apoio no Marco del COVID-19 en Lugo’.

Raúl Blanco avanzou tamén as medidas fiscais e os apoios aos autónomos postas en marcha polo Goberno central e polo goberno local.

A alcaldesa, que estivo acompañada do edil Mauricio Repetto, lembrou que este programa de consolidación empresarial será impartido por titores e consultores da EOI de forma desinteresada.

Pola parte da EOI, estiveron presentes Javier Benito, director de Aceleración Empresarial, e Nieves Oliveira, directora xeral.

Toda a actividade desenvolverase en liña mediante a plataforma de e-learning que a EOI xa ten en marcha co Concello para a formación dos participantes no programa Inicia Coworking. Os seminarios están deseñados para apoiar a micropemes e autónomos, ofrecéndolles ferramentas que lles axuden a enfrontarse á situación actual e a reactivar os seus negocios.

Estas consultorías contarán cunha primeira fase de diagnóstico, na que un experto se reunirá co empresario/a para a realización dun análise completo da situación actual co obxecto de detectar, tanto as áreas potenciais de mellora, como a capacidade de reorientación da empresa; e unha segunda fase estratéxica, na que desenvolverá un plan de reimpulso da súa actividade axustado ás súas necesidades e recursos.