28 febrero, 2019
emprego público lugo policía

O Goberno, co aval da Mesa Xeral de Negociación, convocará 26 novas prazas de Policía Local para cubrir o 100% das xubilacións

O Pleno aborda mañá a aprobación do convenio para delegar na administración autonómica as competencias en materia de convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías do corpo policial
18 febrero, 2019

O período medio de pago do Concello aos provedores nos últimos 10 meses foi de 13 días

O número de minutas liberadas en prazo subiu un 68% entre o primeiro e último trimestre do ano
18 febrero, 2019
orzamentos participativos lugo

Éxito de participantes no 2º obradoiro de Future Jobs Tools, unha iniciativa de formación para o emprendemento solicitada nos Orzamentos Participativos

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, déronlle a benvida este luns, no Vello Cárcere, ás persoas participantes no segundo obradoiro deFuture Jobs Tools, un dos proxectos seleccionados dos Orzamentos Participativos, no que as e os lucenses interesados en dar un xiro á […]
15 febrero, 2019

A mellora da mobilidade e dos espazos e servizos públicos centran o Orzamento 2019, cun 30% adicado a políticas sociais

A Alcaldesa presentou o proxecto de presupostos que, con 96,6M€, contempla proxectos como o acondicionamento integral da avenida Adolfo Suárez (1M€) e un plan integral de mellora da seguridade vial nos pasos de peóns (1M€) –ambos acordos do Pleno-, ademais da instalación dunha rampla mecánica en Conde Fontao (250.000€) O Goberno inclúe o Plan de […]
11 febrero, 2019
future jobs lugo

En marcha Future Jobs Tools, a segunda iniciativa de apoio ao emprendemento que escolleu a veiciñanza nos Orzamentos Participativos

Ana Prieto deulle a benvida este luns ás persoas participantes neste proxecto,  no que as e os lucenses interesados en dar un xiro á súa vida laboral están a coñecer as tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso tecnolóxico e dixital da sociedade da man de especialistas
6 febrero, 2019

O Concello aumenta a capacidade de xestión coa tramitación en 2018 de 127 contratos, un 60% máis que o ano anterior

Só dende que comezou o ano, en 25 días hábiles, prorrogáronse ou licitáronse 8 contratos de servizos por máis de 7M€ e contratáronse obras por máis de 2 millóns Aprobado o tribunal cualificador para as probas de acceso a 12 prazas de bombeiro, ás que aspiran 257 persoas