Orientación laboral


O servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lugo no Espazo Lab presta unha atención personalizada de inserción sociolaboral .

Desde o Departamento de Orientación Laboral do Concello de Lugo, preténdese dar un servizo integral á poboación lucense, apoiando, orientando, asesorando, detectando cambios e novas no mercado de traballo ca fin de realizar unha intermediación entre empresas e persoas demandantes de emprego o máis axustada posible aos perfís profesionais e requerimentos do posto , estudo e divulgación de novas oportunidades de ocupación, coñecer e dar a coñecer os sectores económicos emerxentes e novas competencias profesionais.

Tender a man e traballar conxuntamente con todas aquelas entidades, asociacións, axentes sociais que traballan para favorecer e mellorar a empregabilidade das persoas.

ACTUACIÓNS:

1.- Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego.

2.- Deseño do itinerario personalizado para o emprego.

3.- Acompañamento personalizado no desenvolvemento do itinerario e o cumprimento do compromiso de actividade.

4.- Deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación laboral que poidadan ser de interese, en función do perfil das persoas orientadas, tanto para mellorar a eficiencia do servizo como para fomentar a interrelación e o intercambio de experiencias entre elas.

5.- Asesoramento e axuda técnica adicional para:

A definición do currículo das persoas usuarias, provisión de instrumentos e técnicas de axuda para a elaboración do seu currículo personalizado ou o uso de novas ferramentas de presentación profesional a través do uso das TIC.

6.- A aplicación de técnicas para busca activa de emprego.

7.- Información e asesoramento adicional sobre:

A situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego, a oferta formativa e os programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europea e a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de emprego autónomo, así como os recursos de apoio de todo tipo dispoñibles no entorno para un asesoramento o acompañamento máis especializado.

8.- Apoio á xestión da mobilidad laboral.

9.- Axencia de Colocación.

Para máis información diríxete a:

Guía básica de orientación laboral

Atopar un traballo hoxe en día non é fácil, e non falemos xa si se trata dun traballo que se adapte as nosas necesidades, á formación que temos, etc… Por iso, con esta guía o que se pretende é que, cando atopes a oferta dese traballo ideal, teñas recursos para poder optar ó posto e non te quedes atrás por non saber redactar unha carta de presentación ou facer ben un currículo. É importante tamén que prepares ben a entrevista de traballo xa que é dos pasos máis importantes para optar a un posto determinado. Nesta guía atoparás as preguntas máis comúns que se soen presentar.

A carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, coa finalidade de presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación temos que suscitar o interese necesario a quen a le, para que desexe ler despois o currículum vítae ó que acompaña.Por elo, ten unhas características determinadas en canto a súa elaboración:

  • Debe ser curta: Non debemos cansar nin aburriró lector.
  • Debe ser ordenada: Trataremos de evitar que olector teña que ler varias veces a nosa carta para facerse unha idea do que queremos dicir.
  • Debe ser clara: Esta claridade lograrémolamediante a estrutura que demos á carta.
  • Debe ser directa: Nada de dar voltas sobre unhamesma idea, nin repetir datos do C.V. O nosoobxectivo é chamar a atención para que sexa o lector quen logo desexe lelo.

Coa carta de presentación o que faremos é “vendernos”. Somos á vez comercial e produto e por elo debemos intentar satisfacer ó cliente. Non debemos ser pedantes cos nosos logros, nin polo contrario dar mágoa a quen o le. Debemos facernos valer e amosar que nos necesitan. Existen distintos modelos de carta, dependendo do obxectivo específico da mesma. Cando atopamos un anuncio en prensa, ou nun boletín, etc., é dicir, cando vemos unha oferta de emprego que nos interesa publicada, enviaremos unha carta de contestación ó anuncio. O máis importante deste modelo de carta, é que fagamos referencia exacta ó lugar e data onde localizamos a oferta. Cando nos interesa que o noso currículum sexa estudado nunha determinada empresa, pero non vimos ningún anuncio que nos diga que necesitan persoal, entón debemos enviar unha carta de auto candidatura, tamén chamada de candidatura espontánea. Ademais é importante a carta de agradecemento, unha vez que participamos nun proceso de selección. Esta carta sirve para agradecer a atención prestada durante dito proceso, a vez que amosar que seguimos interesados en formar parte do persoal da empresa. En canto á imaxe, debemos ter en conta os seguintes aspectos básicos.

  • Debemos presentar a carta nun só folio e escritoa ordenador (si non no lo piden a man) e por una soa cara. 
  • Sempre enviaremos orixinais. Ademais debemos reflectir en cada carta, o nome e os datos identificativos da empresa á que enviamos onoso curriculum e firmaremos cada unha das cartas que enviemos. Debemos facer ver que nos tomamos a molestia de enviar unha cartapersonalizada a cada empresa, demostrando así o noso interese.
  • É unha gran vantaxe coñecer á atención de qué persoa determinada debemos enviar a carta, para que esta chegue ás mans adecuadas o máis rapidamente posible. Si descoñecemos o nome da persoa responsable, dirixiremos a carta ó departamento de Recursos Humanos da empresa que nos interese.

O Curriculum vitae (C.V.) é a ferramenta básica da busca de emprego. Trátase de redactar de forma clara e visualmente rechamante, a nosa traxectoria profesional, os nosos intereses e as nosas actitudes e habilidades persoais. En canto á redacción: debe ser breve, clara, con frases que non sexan moi longas, esquemático y organizado. Do que se trata cun C. V. é que lelo, a persoa a quen se lle dirixe, sexa capaz de saber todos os datos máis interesantes de cara o posto de traballo, cun só golpe de vista. Para elo axudarémonos das letras en negriña e das maiúsculas.

CURRICULUM CONSELLOS Á HORA DE REALIZAR O CURRICULUM

  • Substituír a data de nacemento pola idade.
  • Ordenar a información de presente a pasado.
  • Non envíes xamais os certificados de estudos nin os de «boa conduta».
  • Indica as túas motivacións e intereses profesionais.
  • Non poñas nunca as túas expectativas salariais.
  • Redáctao pensando no posto ó que optas ou no teu obxectivo profesional.
  • Acompaña sempre cunha foto.
  • Si tes un nivel baixo en idiomas ou informática, non poñas nada, pois iso pódete prexudicar.
  • Pon sempre a duración (datas) dos estudios e traballos realizados.
  • Debes ser sincer@ e non abuses dos eloxios; ante todo humildade.
  • Utiliza unha linguaxe directa e positiva sempre en terceira persoa, nunca en primeira.
  • Utiliza un vocabulario preciso pero sinxelo.
  • Coida que non teñas faltas de ortografía.
  • Debe resultar fácil de ler (destaca os títulos e subtítulos).
  • Non debe ocupar máis de dúas páxinas (si superas este límite, elimina toda información que non estea relacionada de algunha xeito co posto buscado) e en todo caso inclúe un anexo.
  • Revisa que destacaches os teus puntos fortes.
  • Os datos que inclúas por suposto deben ser certos e coherentes co posto que buscas.

É a parte máis importante do proceso de selección e a última fase antes da decisión por parte da empresa, por elo temos que ter moi claro non só o obxectivo da empresa senón tamén o noso. A empresa tratará de saber máis de ti e de comprobar detalles, pescudar si es o adecuado para o posto, descubrir si podes, sabes e queres ocupar o posto e si es compatible coa empresa. Nos temos que demostrar o que sabemos, que podemos e queremos o posto.

Novas Tecnoloxías

É importante que saibades ónde facer a busca, por iso aquí aparecen algunhas páxinas para axudarvos.

Axencia de colocación

O Concello de Lugo, a través da súa axencia de colocación realiza actividades que teñen por finalidade, axudar ás persoas desempregadas a conseguir a súa inserción no mundo laboral.

Para conseguir este fin valoraranse perfís, aptitudes ou coñecementos das persoas desempregadas, realizando actuacións relacionadas coa busca de emprego, tales como a orientación, información profesional ou selección de persoal, dando opción ás empresas a que atopen os perfís profesionais que máis se axusten á súa oferta.

Inscríbete na Axencia de Colocación do Concello

Intermediación

O permanente contacto coas empresas facilitará as actualizacións constantes de ofertas de emprego e o coñecemento das demandas do mercado laboral.

Deste xeito, no centro de traballo de “Espazo Lab” ofrecerase un servizo de asesoramento innovador que sirva para axudar, orientar, ofrecer recursos aos demandantes de emprego, empregando unha metodoloxía individualizada, prestando unha atención personalizada e de itinerarios que mellore as súas capacidades e perfil profesional, permitindo e facilitando o acceder co éxito ao mercado laboral.