Emprendedores

O Centro de Empresas e Innovación de Lugo está ao servicio de todas as empresas de Lugo, pero sobre todo quere ser un instrumento útil para os emprendedores. As nosas accións están dirixidas a apoialos e por iso adaptamos a eles a nosa oferta e toda unha serie de servizos.

Un deles é o semilleiro de empresas, un espazo diferenzado para que aqueles que teñe unha idea de negocio traballen sobre os seus proxectos e poidan simular as condicións que acadarán unha vez boten a andar. O semilleiro serviralles para contrastar experiencias, facer contactos e, en definitiva, iniciar a posta en marcha da súa empresa.
 
Con este obxectivo o Centro de Empresas e Innovación ofrece información, asesoramento e titorización aos emprendedores acollidos no semilleiro, que poden facer uso das instalacións do Centro nas mesmas condicións que as empresas situadas no mesmo.

Ademais, o equipo técnico do CEI ofrécelle a cada unha das empresas asentadas no Centro seguemento e asesoramento en:

Consultoría empresarial e tecnolóxica e, dun xeito particular, asesoramento en procesos de spin-off.

Servizo de información e orientación nos trámites de posta en marcha da nova empresa.

Información inmediata sobre subvencións, axudas, bases de datos e outros aspectos de interese para a empresa..

Xestión e difusión da transferencia tecnolóxica e promoción de actividades de innovación.

Formación contínua, e dun xeito especial, cursos divulgativos e especializados en novas tecnoloxías.

Servizo de diagnóstico de problemas e de aplicación de solucións.

Asesoramento, procura de financiamento e Servizo de información on-line.

Identificación de mercados potenciais e oportunidades de negocio.

Servizo de recepción de correo e domiciliación postal ex post.

Servizos loxísticos e administrativos.

null

Admisión

null

Lanza o teu proxecto

Obrigas fiscais de empresarios e profesionais

Solicitude de información e asesoramento