Que é o Cei-Nodus?

O Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais

Con este obxectivo o CEI-Nodus céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. Así, combínanse as infraestruturas coa asesoría técnica para facilitar o arranque e a consolidación de proxectos empresariais. Para elo patrocínase a cooperación entre as empresas situadas no Centro co obxectivo de conseguir unha mellor inserción no mercado.

A segunda das áreas de servizo do CEI -Nodus é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo.

Finalmente o Centro de Empresas ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ao I+D+i.

Estas tres áreas de servizo buscan promover novos investimentos na provincia de Lugo por medio de iniciativas empresariais que contribúan ao desenvolvemento económico do concello e especificamente a:

Crear un medio idóneo en canto a prezos e a servizos que lles permitan ás iniciativas empresariais desenvolver o seu plan de empresa para que, cun tempo de estancia limitado no Centro, estean en situación de competir dentro das condicións do mercado.

Fomentar empresas
cun selo de calidade

Dinamizar a cooperación empresarial

Diversificar a estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.

Onde estamos?

O Centro de Empresas e Innovación ten a súa sede na Avenida da Coruña 500, da cidade de Lugo, e a entrada ao seu aparcadoiro pola rúa Paulo Fabio Máximo

As instalacións

O CEI-Nodus dispón dun abano de espazos adaptables ás necesidades de cada empresario e de cada actividade.

Cada un dos despachos dispón de mobiliario básico (mesas e cadeiras de traballo, caixoneiras e armarios con chave) e están provistos de calefacción e teñen preinstalación eléctrica, auga, teléfono e internet.

Existe ademáis un espazo destinado ao semilleiro de empresas. Neste momento ata cinco empresas poden madurar neste ámbito a súa idea de negocio e traballar sobre o seu proxecto.

O CEI conta cun equipamento completo canto a infraestruturas tecnolóxicas e da comunicación. Por iso un dos seus servizos a disposición dos titulares das autorizacións de uso dos módulos é a conexión gratuita a internet por cable.

Do mesmo xeito o CEI conta con medidas de aforro e de eficiencia enerxética e cun sistema de control de acceso por tarxeta de proximidade, ademais dun sistema de videovixiancia por circuito fechado de televisión e control de accesos, dun sistema de detección e alarma automática de incendios e dun sistema de alarma, intrusión e roubo.

Espazos para uso común:

Exteriores

Planta baixa

Primeira planta

Segunda planta

Prezos públicos CEI-NODUS (Ordenanza 402)

Contacto

Os nosos datos

Responsable do ficheiro: Concello de Lugo. Finalidade; resolver as dúbidas plantexadas. A Lexitimación; é grazas ao teu consentimento. Destinatarios: Os teus datos atópanse aloxados na plataforma de hosting Lugo Internet. As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Lugo, Praza Maior, 1, 27001 – Lugo. Máis información

Se desexa poñerse en contacto con nós, por favor, encha este formulario