Proxecto transversal, nacido do Obradoiro de Emprego Forum 4.0 en colaboración co departamento de Arqueoloxía do Concello de Lugo

Dende o Servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo e coa colaboración da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, xurdiu o proxecto deste Obradoiro de Emprego FORUM 4.0, cunha duración de 6 meses. Coa vista posta na revalorización do patrimonio romano, tanto monumental como arqueolóxico, reuniuse a dous equipos de traballo, un de Marketing e Comunicación e outro de Desenrolo Web cos obxectivos principais da DIFUSIÓN, XESTIÓN e de MEDIACIÓN coa cidadanía do patrimonio arqueolóxico romano.

O equipo Arqueo Lucus

Cada equipo estivo formado por 8 alumnos e 1 docente. O equipo de Marketing e Comunicación estivo composto por Andrés, Brais, Manuel, Tamara, Andrea, Patricia, Iñaki, Nicolás e Noemí como docente. Respecto ao equipo de Desenrolo Web, atopamos a Brais, Álvaro, Alberto, Sandra, Fran, Carlos, Gabriel, Miguel e Jaime como docente. A coordinación do Obradoiro de Emprego correu a cargo de Susana.

 

Para conseguir o noso obxectivo pediusenos desenrolar a marca arqueolucus e unha web tanto para a cidadanía como para turistas que axuntara información, material audiovisual, panorámicas 360º e  recreacións 3D que existen do noso patrimonio. Ademáis acompañouse tamén coa creación de perfís nas redes sociais

CONCURSO BAIXO OS TEU PÉS

Concurso de ideas coa finalidade de incentivar a creación e desenvolvemento de proxectos que integren o patrimonio romano lucense, nese camiño de poñer en valor e recoñecemento, a nosa riqueza patrimonial e aproveitala para o beneficio do tecido da cidade.
Podes ver os proxectos aquí

Fotos do evento de presentación