12 septiembre, 2018

O Goberno ten obras adxudicadas ou en marcha por 1,6M€

Hoxe aprobou a licitación do proxecto para a construción dunha glorieta no cruce das rúas Manuel María, Santo Grial e Mar Cantábrico, un proxecto do Plan de Barrios que cumpre cunha demanda veciñal para mellorar a seguridade vial
29 agosto, 2018

O Goberno de Lara Méndez dá un paso esencial para acondicionar a esquina de San Roque e a Ronda aprobando a modificación do PEPRI

A eliminación da pasarela, dar continuidade á beirarrúa de San Roque ata unila coa de Montero Ríos e ampliar o Carril dos Fornos, á súa vez tramo do Camiño, mellorará radicalmente a imaxe, a seguridade e a accesibilidade da zona A Xunta de Goberno deu luz verde ao Plan Mellora Lugo 2018, con catro liñas […]
30 julio, 2018

Concello e Fapacel asinan un convenio de colaboración por catro anos para impulsar as políticas europeas de educación

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a presidenta da Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo (FAPACEL), Belén Díaz, asinaron este luns no Salón de Plenos un convenio de colaboración por catro anos co fin de continuar impulsando políticas europeas de educación, formación, emprego e […]
19 julio, 2018

O Concello renova o convenio de colaboración con FAPACEL para impulsar as políticas europeas de educación, formación e emprego

Para Ana Prieto esta sinerxia, que se establece por segundo ano consecutivo, supón unha oportunidade máis para continuar dando a coñecer, e máis concretamente na comunidade escolar, todos os aspectos relacionados a Europa A edil lembrou como a Unión Europea contribuíu e está a contribuir a mellorar Lugo e a calidade de vida da veciñanza, […]
20 junio, 2018

O Concello pide dous novos obradoiros por 443.000€ para a inserción de 36 desempregados formándoos na difusión dixital do patrimonio

A Xunta de Goberno aprobou os proxectos IneracTICvate e Forum 4.0, que contemplan, entre outras accións, crear unha App e unha web, e a recreación de elementos patrimoniais en 3D, realidade aumentada e fotografía panorámica Estas iniciativas súmanse á candidatura do Concello a fondos europeos para un novo plan de emprego, EmPodérate, con 2M€ de […]
18 junio, 2018

O Concello solicita fondos europeos para un novo plan de emprego, EmPodérate, por 2M€ e para 300 beneficiarios

A Concelleira de Economía e Emprego presentou o proxecto, que consta de 15 itinerarios formativos, “seleccionados tras unha análise previa sobre os sectores con máis posibilidades de inserción en Lugo. Buscamos casar oferta e demanda” Está dirixido aos veciños e veciñas en situación de maior vulnerabilidade: parados de longa duración, mulleres, mozos e mozas, e […]