29 julio, 2018

O Goberno consolida a reducción do período medio de pago aos provedores, que se situou en 17 días no último mes

Nos seis primeiros meses do ano, o Concello realizou máis de 9.000 pagos por un importe total superior aos 22,6M€. O número de pagos en prazo multiplicouse por cinco entre o primeiro e o segundo trimestre
14 junio, 2018

O Concello reduce a 16 días o período medio de pago aos provedores, a metade do límite legal

A Concelleira de Economía subliña que a implantación da factura electrónica e o volume de pagos efectuados por minutas da anos anteriores contribuíu a rebaixar os prazos “Gañamos eficacia no circuíto administrativo, como demostra que nos primeiros cinco meses deste ano levemos tramitadas 17.651 facturas, o que supón o 80% do total do ano pasado”
11 mayo, 2018

O comercio local saca á rúa descontos de ata o 80% na XII Edición do Street Market

Ana Prieto destacou que esta xornada sempre tivo moi boa acollida entre as persoas visitantes e é unha maneira de fomentar o comercio de proximidade, un sector fundamental para a cidade
9 mayo, 2018

O comercio local encherá as rúas de Lugo con descontos de ata ó 80% nunha nova edición do Street Market

Ana Prieto, Sonsoles López e Marta López presentaron a xornada comercial que terá lugar este venres en horario ininterrompido de 10:30 a 20:30 horas A edil sinalou que participarán preto de 100 establecementos moi variados: téxtil, calzado, regalos, fogar, xoiería, peletería, decoración, eventos, entre outros. Os comercios participantes poderanse recoñecer pola cor laranxa identificativa deste […]
9 mayo, 2018

Concello, Deputación e FADAS promoven o labor social de 15 colectivos lucenses coa 2ª Feira de Asociacións

A praza de San Marcos acollerá este venres de 11:00 a 21:00 horas a xornada na que asociacións da provincia ofrecerán aos visitantes información e asesoramento sobre os diferentes servizos que ofrecen durante todo o ano Concello e Deputación destinan unha achega económica de 12.000 euros a FADAS que permite á federación lucense ofrecer atención […]
9 mayo, 2018

Lugo celebra o Día de Europa

Os actos arrancaron coa lectura na Praza Maior dun manifesto conmemorativo a cargo da Concelleira de Economía. Pola tarde, os nenos e nenas poderán participar en actividade e xogos tamén diante do Concello