29 marzo, 2021

Lara Méndez mobilizará en abril un millón de euros nun segundo plan municipal de axudas directas para autónomos e empresas

A rexedora de Lugo desenvolve o compromiso do Goberno local de destinar o 1% do orzamento deste ano aos sectores máis afectados polas continuadas restricións sanitarias. As subvencións serán de 2.000, 1.500 e 1.000 euros por beneficiario dependendo de se o peche dos establecementos é total ou parcial e segundo o número de empregados. A […]
20 marzo, 2021

Lara Méndez quere asentar as bases da reindustralización de Lugo con todos os axentes nunha Mesa para a Diversificación Industrial

Esta iniciativa busca crear un espazo de acordo entre os colectivos económicos, políticos, sociais e institucionais para converter á cidade nun polo de atracción de empresas. A alcaldesa avanza que a iniciativa reforza a Estratexia Lugo Transforma, coa que o Concello mobilizará 12 millóns en cinco anos parar atraer inversión e crear emprego. O proxecto […]
12 enero, 2021

Máis de 200 establecementos da cidade participaron na campaña de Nadal do Concello, que agasallou con viaxes en globo a 300 persoas

Foron 208 locais en total, distribuídos por toda a cidade, os que solicitaron e  luciron nas pasadas semanas os adornos navideños repartidos polo Concello O executivo promoveu as compras no comercio local sorteando viaxes en globo, unha iniciativa que xerou un gran interese, rexistrándose máis de 5.000 tíckets Ademais, na Avenida da Coruña celebráronse numerosas […]
29 diciembre, 2020

Lara Méndez prevé mobilizar en menos de 5 anos os 12 millóns de euros da estratexia Lugo Transforma para atraer empresas

A alcaldesa sostén que con este fondo emprendedor municipal, “a cidade contará cunha ferramenta propia moi poderosa para diversificar o tecido produtivo e crear emprego”. O prego técnico para contratar á xestora do fondo ata o ano 2031 fixa que nos doce primeiros meses desde a súa constitución deberá investir un mínimo de 1 millón […]
14 abril, 2020

O Concello organiza este xoves unha videoconferencia con asesorías lucenses para informar sobre as axudas do Plan Reanima

Técnicos municipais explicarán polo miúdo as bases da programación, e responderán a todas as dúbidas que poidan xurdir en canto á solicitude e tramitación das axudas de 5 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno de Lara Méndez As asesorías que desexen participar deberán enviar un email á dirección de correo electrónico cei@lugo.gal […]
25 marzo, 2020

Lara Méndez crea unha mesa de traballo cos sectores produtivos de Lugo para coordinar a estratexia de dinamización económica polo COVID 19

A alcaldesa de Lugo reuniuse por videoconferencia cos colectivos empresariais e autónomos para coñecer a súa situación e escoitar as súas preocupacións e propostas Acompañada do edil de Desenvolvemento Local, avanzoulles as medidas xa articuladas para que poidan dispor de maior liquidez durante o tempo que dure o estado de alarma