25 marzo, 2020

Lara Méndez crea unha mesa de traballo cos sectores produtivos de Lugo para coordinar a estratexia de dinamización económica polo COVID 19

A alcaldesa de Lugo reuniuse por videoconferencia cos colectivos empresariais e autónomos para coñecer a súa situación e escoitar as súas preocupacións e propostas Acompañada do edil de Desenvolvemento Local, avanzoulles as medidas xa articuladas para que poidan dispor de maior liquidez durante o tempo que dure o estado de alarma