Mellora Lugo 2018
Na sesión deste mércores, a Xunta de Goberno deu luz verde ao Plan Mellora Lugo 2018, que pon de novo de marcha o Concello co dobre obxectivo de fomentar o emprego e realizar traballos de acondicionamento e mantemento de instalacións e zonas públicas, tanto na ciade como no medio rural. As tarefas terán lugar nas áreas de Educación, Medio Rural, Deportes e Infraestruturas. Cada liña de actuación contará cun orzamento de 95.000 euros e en conxunto, grantiranse un mínimo de 16 postos de traballo no municipio polo menos durante sies meses. Para a adxudicación dos catro contratos terase en conta a creación e o mantemento de postos de traballo en empresas locais, co obxecto de paliar os efectos da crise económica no municipio. Deberase incentivar, en cada un dos casos, a nova contratación de 2 persoas traballadoras paradas, que leven inscritas nas oficinas de emprego por un mínimo de 6 meses, e a manter como mínimo a 2 persoas traballadadoras da súa plantilla existente. En canto ás tarefas a levar a cabo, na área de Educación, o obxecto do contrato é o servizo de mantemento e conservación nos 15 colexios públicos da cidade e nas escolas infantís municipais Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburger. Os traballos consistirán en pequenos retellados e eliminación de goteiras, reparacións de canalóns e baixantes, revisión, limpeza e recheo de areeiros, pintura, arranxo e colocación de persianas, ou reparación de mobiliario, entre outros. No que se refire á área de Infraestruturas, os traballos previstos abranguerán a reparación de beirarrúas, beiravías, canos ou taxeas. Ademais, repararanse elementos de mobiliario urbano e sinalización. Para Medio Rural vaise contratar o servizo de mantemento e conservación de construcións rurais e periurbanas singulares e patrimoniais do Concello, co obxectivo de reparar pequenos defectos detectados nas ITE das antigas escolas rurais e naquelas nas que se fan actividades programadas, así como nos lavadoiros, nas fontes públicas e nos cruceiros. Tamén repararán as zonas públicas do Cemiterio Municipal. Por último no que se refire a Deportes, realizarase o mantemento de equipamentos deportivos en liñas de xogo, cubertas e baixantes; repasos de albanelerías e pinturas de locais, acondicionamento das zonas perimetrais, ou a revisión dos equipamentos sanitarios. Entre outros asuntos, a Xunta de Goberno tamén acordou sacar a contratación a subministración, mediante lotes, de instrumentos e material musical tanto para a Escola Municipal de Música como para a Banda Municipal de Música. Concretamente, para a escola, o Concello adquirirá 2 gaitas, un bombo con funda e correa, un tambor con funda e baquetas, unha caixa, soporte e funda; unha trompa, dous arcóns, unha frauta, dous requintos e un clarinete. Para a banda, é necesario unha trompeta e o seu estuche, dous timbais con cada súa funda, e pratos e o seu soporte; ademais dun saxofón, cinco tipo de pratos distintos e 3 soportes para pratos. O orzamento para o material da escola é de 20.560 euros e para o da banda, 23.830 euros. A entrega do prazo do material deberá facerse en 60 días.Audios