Desenvolvemento
local e emprego

 

 
"Vivimos nunha época de enormes cambios dende o punto de vista económico e social. A tecnoloxía e as novas formas de traballar e comunicarnos, están esixindo que mozas, mozos e maiores nos adaptemos sen transicións a novas formas de vivir.

Isto que pode parecer un risco, en realidade é un reto, porque nos vai a permitir desenvolver proxectos de alto impacto que axuden a situar a Lugo e ao CEI-Nodus como un lugar de referencia.

Dende a área de Desenvolvemento Local, temos o enorme privilexio de liderar algunhas das accións máis relevantes desta nova etapa como Lugo Smart, Muramiñae, CEI-Nodus, Europe Direct, Espazo Lab, A Tinería, Inicia Coworking.

O emprendemento, a innovación, o traballo colaborativo, a economía plural, os avances tecnolóxicos, a sostibilidade, serán algúns dos piares sobre os que se sustentará o noso traballo nos próximos 4 anos.

Creo sinceramente na necesidade de empoderamento da cidadanía para avanzar cara unha cidade máis xusta, social e solidaria. Para iso, o traballo emprendedor e a súa transversalidade debe cobrar un papel relevante. E é que actualmente no hai idade para emprender, e iso debemos poñelo en valor.

Nesta concellaría apostamos polas ideas, a perseverancia e a ilusión, co obxectivo de mellorar o benestar, a profesionalización dos traballadores e o fomento da excelencia potenciando o talento.

Non podemos nin queremos facelo sos, contamos contigo. Estamos aquí para servir á cidade e para traballar no seu desenvolvemento cara o futuro."
Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo.
 

A un clic!