Difusión da cultura emprendedora

O Concello de Lugo. consciente da relevancia de fomentar o espírito emprendedor entre a xuventude e trasmitir a necesidade de dinamizar o tecido empresarial especialmente para as pequenas e medianas empresas, como axentes primordiais na xeración de riqueza e emprego en Lugo, cada ano pon en marcha no Cei Nodus programas innovadores que consisten, non só en organizar xornadas que promovan dito espírito emprendedor desde idades novas, senón que ademais se procura impulsar as relacións empresariais facilitando á empresas e emprendedores “espazos e momentos” que fomentan o networking, a comunicación, a cooperación profesional e as sinerxias entre eles.

Xornadas de portas abertas

Cada ano, organízase unha xornada de “portas abertas” con visitas guiadas, que teñen moita aceptación entre a cidadanía lucense.

Visitas guiadas

Periódicamente realízanse visitas ao Cei Nodus por parte de alumn@s de Institutos e do Campus Lucense, nas que se amosan as instalacións e os servizos postos a disposición d@s emprendedor@s, tendo a posibilidade de coñecer e recoller de primera man as experiencias de emprendedor@s instalados no “Viveiro Municipal”

 

Preto de medio millar de persoas pasan cada ano polas instalacións do Cei Nodus
en diferentes xornadas de difusión da cultura emprendedora, acercando o emprendemento