É o proxecto de “Formación europea para a cualificación dos/as mozos/as lucenses, LUGOQUALITAS” do Programa Europeo de Aprendizaxe permanente “Leonardo da Vinci” (Acción mobilidade 2007).

Este programa contempla a organización de prácticas profesionais para a mocidade lucense que se atope no mercado laboral ou en disposición de acceder a el, en empresas do estranxeiro para deste xeito mellorar as súas competencias profesionais e as expectativas laborais nun contexto cultural diferente ó propio.

Para a execución do mesmo o Concello de Lugo conta con dous socios intermediarios encargados de xestionar as prácticas laborais dos mozos/as participantes:

  • ITALIA: Sistema Turismo s.r.l., empresa italiana situada en Potenza e Rimini, especializada en xestionar programas de prácticas en empresas de diferentes sectores: agricultura, arte, cultura, artesanía, construción, automatización, hostalería, TIC, medioambiente, turismo, electrónica, industria alimentaria, etc.
  • POLONIA: AVIVA Poland, centro especializado en organización de prácticas de formación profesional vinculado á área de Wroclaw, en diferentes sectores: comunicación, xestión e administración, protección do medioambiente, química, electrónica, transporte e loxística, etc.).