Consolidación de empresas

O Cei Nodus, ten entre un dos fins principais favorecer consolidación empresarial das empresas lucenses, especialmente aquelas que se instalan no “Viveiro municipal»

Por ese motivo deséñanse programas e actuacións dirixidas a desenvolver programas de marketing, comunicación e ventas para mellorar o posicionamento das empresas no mercado.

Tamén se realizan actuacións dirixidas a xeración de novos produtos e/ou servizos así como a mellora dos existentes.

O obxectivo cos diferentes programas de axuda e superar as elevadas taxas de mortalidade das empresas de nova creación máis aló dos catro anos de incubación no Cei Nodus. 

Asi neste quince anos somos quen de superar o 70% de supervivencia das empresas instaladas no Cei Nodus, superando os ratios nacionais e mesmo internacionais.