6 febrero, 2019

O Concello aumenta a capacidade de xestión coa tramitación en 2018 de 127 contratos, un 60% máis que o ano anterior

Só dende que comezou o ano, en 25 días hábiles, prorrogáronse ou licitáronse 8 contratos de servizos por máis de 7M€ e contratáronse obras por máis de 2 millóns Aprobado o tribunal cualificador para as probas de acceso a 12 prazas de bombeiro, ás que aspiran 257 persoas
25 enero, 2019

O Concello traballa en regularizar a situación do aparcadoiro da Praza de Viana do Castelo, que debe 3.000€ do canon

Na Comisión de Contas trasladouse aos grupos da oposición que a rescisión do contrato podería ser moito máis custosa para as arcas municipais O Goberno lembrou que a construción e as condicións do contrato, que son as que rexen na actualidade, aprobáronse na etapa do Goberno popular en Lugo Os servizos municipais foron reclamando as […]
25 enero, 2019
mupies

Os servizos xurídicos municipais avalían as responsabilidades xurídicas pola situación irregular dos MUPIS

Na Comisión de Contas trasladouse aos grupos da oposición que o Goberno local tamén estuda se a nova concesión deste servizo levará consigo colocar nos paneis só información institucional ou mixta
24 enero, 2019

O Concello xa cumpre coa xurisprudencia do Constitucional e o Supremo sobre o imposto de plusvalía cando hai venda a perdas

A modificación da ordenanza municipal a raíz dunha sentenza do TSXG non suporá ningún cambio sobre o procedemento que xa se aplica cos administrados, pois, dende hai xa un ano, a entidade local está admitindo a trámite para o seu estudo todos os recursos co fin de devolver o importe cando haxa depreciación dos bens
23 enero, 2019

O Concello contrata por 1ª vez de forma conxunta todo o subministro eléctrico municipal, o que mellorará a eficiencia do servizo

A Xunta de Goberno aprobou a licitación, que reducirá a carga de traballo administrativo porque haberá dous únicos provedores e baixará o número de facturas emitidas, co cal a revisión e o pago será máis áxil, ademais de producirse un aforro económico Aprobadas as bases para a promoción interna de tres inspectores e dous oficiais […]
21 enero, 2019

O gasto medio do Concello por lucense ascende a 800€, mentres que o esforzo fiscal se mantén nos 600€

A Conta Xeral reflicte que a execución do orzamento do 2017 foi do 76%, porcentaxe que se sitúa na media dos concellos a nivel galego e nacional, aínda tendo en conta que se tratou dun presuposto prorrogado, polo que non puido executarse o capítulo de Investimentos ao non ter consignación