4 abril, 2019

Concello e Centro Comercial As Termas poñen en marcha a terceira edición do concurso de innovación Wonderful

Ana Prieto e Esteban Patiño presentaron o certame, que ten aberta a inscrición dende hoxe ata o 31 de maio no portal www.proyectowonderful.es Este ano poderase competir en tres categorías: solución Innovadora para tendas e centros comerciais, negocios ou tendas innovadoras  e startups ou proxectos innovadores en calquera campo
28 marzo, 2019

Finde de moda en Lugo, con artesáns, deseñadores e comercio con selo local

Mañá venres,  o Círculo das Artes acollerá a gala Enfiando, dende as 20:30 horas, organizada pola Asociación de Creadores de Moda Lucense, coa colaboración do Concello e a Deputación. As entradas teñen un custo de 15 euros O sábado celebrarase o desfile Lugo vístese de primavera, organizado pola Asociación de Autónomas, tamén coa colaboración da […]
25 marzo, 2019
enfiando gala moda lugo

A moda lucense darase cita o venres na gala Enfiando, co apoio do Concello e da Deputación de Lugo

O evento exporá o vindeiro día 29 de marzo, ás 20:30 horas, no Circulo das Artes, as últimas novidades do deseño lucense, tanto en moda como complementos e artesanía Nesta edición participarán cinco deseñadores consolidados na provincia, cinco noveles e 15 artesáns. A condución da gala estará a cargo da actriz galega Marta Doviro As […]
22 marzo, 2019
lugo-primavera

Lugo volverá vestirse de primavera o próximo sábado 30, co desfile de moda do comercio de Lugo

A gala de moda organizada pola Asociación de Autónomas de Galicia, coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo, busca impulsar o comercio de proximidade e demostrar a súa gran calidade 23 comercios da cidade mostrarán as súas propostas para nenos e adultos en téxtil, calzado, xoiería, peletería e complementos. O aforo da gala […]
15 marzo, 2019
termas lugo

O Concello contrata o anteproxecto para a execución das termas de auga quente na contorna do río Miño

O Concello de Lugo acaba de aprobar a contratación á empresa Calcugal S.L. do estudo de viabilidade, deseño e anteproxecto das termas ou piscinas de auga quente non medicinal por xeotermia, caldas que se localizarán na contorna do río Miño. A contratación faise a través dun contrato menor, de 17.484 euros (IVE incluído).
14 marzo, 2019
chatbot lugo

Taller práctico gratuíto sobre os chatbots como ferramenta de apoio a emprendedores o vindeiro luns no CEI-NODUS

Esta iniciativa, froito dos Orzamentos Participativos, continuará o 25 de marzo. Cada taller ten un número limitado de 20 participantes, polo que é preciso inscribirse en norman.veiga@concellodelugo.org. Celebraranse en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas