15 febrero, 2024

A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese coa firma lucense Perusiñas, instalada no CEI-Nodus, para coñecer a súa expansión internacional

A empresa, dedicada á elaboración e comercialización de doces gourmet, vén de realizar o seu primeiro envío de galletas a Bélxica, logo de abrirse oco no mercado francés. A rexedora destacou o éxito destes doces e puxo en valor o apoio brindado polo Concello apostando por este proxecto dende os seus inicios. En concreto, o […]
8 febrero, 2024

Paula Alvarellos pon en valor o talento e a competitividade lucense nun encontro coas e cos emprendedores dos viveiros municipais

A rexedora compartiu un almorzo, no que tamén participu o alumnado do obradoiro ArquivaLugo, para coñecer de primeira man as iniciativas e proxectos que se están a desenvolver co apoio do Concello. “A axuda ao emprendemento é un piar fundamental  da nosa política de dinamización económica, coa que pretendemos expandir o noso tecido produtivo, xerar emprego e fixar […]
20 noviembre, 2023

O viveiro de empresas do Concello na Tinería renóvase con artesanía, moda e servizos especializados para seguir dinamizando o barrio

A rexedora e o edil de Dinamización Económica reuníronse cos novos emprendedores/as que ocuparán os seis locais que o Concello aluga en condicións moi vantaxosas. Trátase da 2ª edición desta iniciativa, posta en marcha pola alcaldesa por primeira vez en 2018, como mostra do seu compromiso coa rexeneración desta zona do Centro Histórico. Unha vez publicada a resolución […]
9 noviembre, 2023

Perusiñas, marca lucense de doces gourmet instalada no CEI Nodus municipal, comeza a sua internacionalización co apoio do Concello

Tras acadar os 160 puntos de venda en España, a empresa con sede no viveiro de empresas municipal, realizou esta semana o seu primeiro envío de galletas a Francia. Lara Méndez e Mauricio Repetto felicitaron persoalmente a estes emprendedores que “son un exemplo do talento e a competitividade que temos no noso municipio”. Aitor Castro, […]
29 septiembre, 2023

Lara Méndez felicita ao alumnado que completou a súa formación no ámbito das TICs, o marketing e a comunicación no CEI Nodus

A rexedora, acompañada do edil de Dinamización Económica, fixo entrega dos diplomas aos participantes no obradoiro de emprego Lugo Sostible 5.0 posto en marcha polo Concello. Ao longo dun ano, o alumnado formouse en áreas cunha elevada demanda de profesionais ao tempo que desenvolveu ferramentas dixitais e contidos multimedia. “Queremos favorecer o seu acceso ao mercado laboral, contribuíndo a xerar […]
14 septiembre, 2023

As condicións vantaxosas coas que o Concello aluga os locais do viveiro da Tinería atraen a máis dunha vintena de emprendedores

Acompañados do edil de Dinamización Económica coñeceron in situ os 6 establecementos que o Executivo de Lara Méndez pon a disposición dos interesados por un período de seis anos. “A elevada participación na visita guiada que organizamos dende o Concello pon de manifesto o interese que esperta esta iniciativa municipal”, explicou Mauricio Repetto. As rendas, que oscilan entre os 18,59€ […]