24 marzo, 2020

O goberno de Lara Méndez prioriza o pago a provedores e liquidará todas as facturas pendentes nun prazo máximo de 2 meses

A administración local habilitou fórmulas de teletraballo para favorecer esta medida, posibilitada pola recente incorporación de 22 millóns de euros en remanentes
23 marzo, 2020

O Concello de Lugo non liquidará as taxas das terrazas e exonera aos emprendedores dos viveiros municipais da Tineria e do Cei Nodus

Tampouco os comerciantes da Praza de Abastos e do Mercado Municipal terán que pagar polo aluguer dos seus postos A alcaldesa Lara Méndez avanzou que as medidas están destinadas a reducir o impacto do estado de alarma sobre os sectores económicos do municipio. A rexedora mantivo hoxe unha reunión para avanzar nas medidas de apoio […]
21 marzo, 2020

A solidez das contas de 2019 permiten ao Concello de Lugo afrontar o investimento extraordinario de 5 millóns de euros en familias, autónomos e pemes para paliar os efectos do COVID 19

Conta cun aforro de remanente de tesourería de 51’6 millóns, dos que a alcaldesa acaba de autorizar que se incorporen 22 millóns para seguir executando o gasto comprometido Lara Méndez sostén que “a nosa solidez e solvencia a curto e longo prazo nos da cobertura para os gastos fixos e extraordinarios e para levar a […]
28 febrero, 2020

O CEI – Nodus oferta varios cursos de formación para emprendedores no ámbito da transformación dixital

A organización destes talleres obedece a aposta decidida e ao apoio do goberno de Lara Méndez tanto á modernización do comercio local como á capacitación dos emprendedores para que desenvolvan, con éxito, novas fórmulas de negocio Coñecer o ecosistema emprendedor, achegar propostas de valor e abordar os distintos modelos de negocio que existen ou abondar […]
14 febrero, 2020

Lara Méndez anima a participar nun novo Inicia Coworking polo éxito dos precedentes, que crearon xa 350 postos de traballo

A alcaldesa de Lugo lembra que o 63% dos emprendedores inscritos nas anteriores edicións deste programa impulsado polo Concello e a EOI seguen facturando. As persoas interesadas en sumarse a esta terceira edición poden facelo, ata o 10 de marzo, a través do enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-5a-edicion
10 enero, 2020

A 4ª edición GIRA Mujeres chega a Lugo

💡🚀 Tes unha idea de negocio e queres analizar a súa viabilidade? 🙌🙌🙌 A Fundación Mujeres convídate a participar nunha nova edición de «GIRA Mujeres» en #Lugo.