21 noviembre, 2024

O Arquivo Municipal estrea nova web para facilitar á cidadanía un acceso áxil a este servizo “gardián do patrimonio documental lucense”

A páxina https://arquivomunicipaldelugo.gal/ é o resultado do traballo levado a cabo polo obradoiro dual de emprego ‘ArquivaLugo’, promovido polo Excutivo de Paula Alvarellos. “Os labores efectuados polos tres módulos que integran o obradoiro suporán un antes e un despois para o funcionamento deste servizo municipal”, destacou a rexedora. Na plataforma poden consultarse, entre outros aspectos, as Actas Consistoriais dos […]
17 noviembre, 2024

O CAM de Lugo acolle o xoves 21 a sesión Boas prácticas culturais en residencias artísticas dentro do programa para dar a coñecer esta nova dotación

Trátase da iniciativa promovida polo Executivo de Alvarellos a través da que axentes culturais de referencia comparten as súas visións ao redor da programación de residencias. “Exploraranse diversos enfoques sobre a profesionalización, a sustentabilidade, o acceso á cultura, ou protocolos para contornas seguras”, explicou o edil Mauricio Repetto. Estas sesións están dirixidas a profesionais da cultura con […]
14 noviembre, 2024

A nova aceleradora TurisTalent 5.0 empezará a funcionar a comezos do vindeiro ano con sede no edificio Impulso Verde da Garaballa

O Goberno Local vén de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación deste programa, enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística. A iniciativa combinará –ao longo de 9 meses– formación, asesoramento especializado e búsqueda de financiación para impulsar o talento local. As empresas interesadas na súa xestión e posta en marcha, cun orzamento máximo […]
13 noviembre, 2024

O Concello de Lugo e Primark estudan vías de colaboración de cara á chegada do xigante téxtil irlandés á cidade ao longo do vindeiro ano

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, mantivo unha reunión este mércores co equipo responsable de recursos humanos da compañía en España. “A apertura de Primark é unha gran nova, pois contribuirá á creación de emprego e á dinamización económica do municipio atraendo visitantes de toda a provincia”, subliñou. Durante a súa primeira visita a Lugo coñeceron as […]
11 noviembre, 2024

Lugo, protagonista da plataforma-documental Future of Timber, sobre a construción en madeira en Europa, da fundación Built by Nature

O audiovisual promovido pola fundación holandesa, unha das entidades promotoras da rede Mass Madera á que pertence o Concello, enmárcase no proxecto Evolving Forest. A peza pode visionarse a través da web: https://www.evolvingforests.com/bioregionalism-future-of-timber O Concello de Lugo é un dos protagonistas da recentemente estreada plataforma-documental Future of Timber (https://www.evolvingforests.com/future-of-timber) impulsada pola fundación holandesa Built by Nature, unha das entidades […]
8 noviembre, 2024

O Executivo de Alvarellos colabora con máis dunha decena de entidades lucenses para dinamizar a economía e xerar emprego no municipio

Faino a través da nova convocatoria de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro posta en marcha dende a área de Dinamización Económica, cun investimento de 18.000€. “Con estas axudas queremos seguir brindando apoio a todas aquelas iniciativas e proxectos locais cos que se acade a xeración de emprego”, explicou Mauricio Repetto. O Concello vén […]