8 febrero, 2024

Paula Alvarellos pon en valor o talento e a competitividade lucense nun encontro coas e cos emprendedores dos viveiros municipais

A rexedora compartiu un almorzo, no que tamén participu o alumnado do obradoiro ArquivaLugo, para coñecer de primeira man as iniciativas e proxectos que se están a desenvolver co apoio do Concello. “A axuda ao emprendemento é un piar fundamental  da nosa política de dinamización económica, coa que pretendemos expandir o noso tecido produtivo, xerar emprego e fixar […]
18 diciembre, 2023

O Executivo de Lara Méndez dinamiza a hostalería durante o Nadal con concertos gratuítos da Orquestra Terra Nova nos establecementos lucenses

A banda, integrada por mozos e mozas de Lugo, ofrecerá actuacións duns 30 minutos en 17 locais da cidade desde o vindeiro xoves 21 ata o próximo día 30 de decembro. Esta iniciativa, promovida pola área de Dinamización Económica en colaboración coa APHEL, súmase a outras xa postas en marcha en prol do comercio local como o mercado […]
1 diciembre, 2023

O mercado de Nadal volve á Praza Maior para dinamizar o comercio de proximidade con actividades infantís e espectáculos para as familias

Lara Méndez pon en marcha de novo esta iniciativa, ante o éxito da primeira edición celebrada en 2022 e que supuxo un importante pulo económico para os participantes. “Buscamos crear un ambiente festivo que contribúa á promoción da cidade e a atraer visitantes, ao tempo que promovemos os produtos e servizos locais”, subliñou a rexedora. […]
20 noviembre, 2023

O viveiro de empresas do Concello na Tinería renóvase con artesanía, moda e servizos especializados para seguir dinamizando o barrio

A rexedora e o edil de Dinamización Económica reuníronse cos novos emprendedores/as que ocuparán os seis locais que o Concello aluga en condicións moi vantaxosas. Trátase da 2ª edición desta iniciativa, posta en marcha pola alcaldesa por primeira vez en 2018, como mostra do seu compromiso coa rexeneración desta zona do Centro Histórico. Unha vez publicada a resolución […]
9 noviembre, 2023

Perusiñas, marca lucense de doces gourmet instalada no CEI Nodus municipal, comeza a sua internacionalización co apoio do Concello

Tras acadar os 160 puntos de venda en España, a empresa con sede no viveiro de empresas municipal, realizou esta semana o seu primeiro envío de galletas a Francia. Lara Méndez e Mauricio Repetto felicitaron persoalmente a estes emprendedores que “son un exemplo do talento e a competitividade que temos no noso municipio”. Aitor Castro, […]
4 octubre, 2023

A área de Dinamización Económica pon en marcha un novo obradoiro de dixitalización que promoverá a inserción laboral de 20 persoas

Este proceso de capacitación, denominado ArquivaLugo, terá unha duración de 12 meses e estará remunerado para o alumnado. Durante a súa formación as e os participantes terán a oportunidade de recuperar e poñer en valor documentos do século XVIII e XIX. A iniciativa enmarcase dentro do proceso de implantación da Administración Electrónica promovido polo Executivo […]