3 abril, 2024

O viveiro de empresas do Concello na Tinería completa a súa renovación coa apertura de seis negocios que contribuirán a dinamizar o barrio

Alvarellos e Repetto visitaron ás persoas emprendedoras beneficiarias da 2ª convocatoria posta en marcha polo executivo para a cesión de locais comerciais neste barrio da cidade. A rexedora informou que “todos os negocios xa se atopan abertos ao público” e convidou á cidadanía a achegarse a coñecer os produtos e servizos que estes ofrecen. O […]
26 marzo, 2024

O Executivo de Paula Alvarellos pon a disposición do tecido asociativo varios locais e salas de uso múltiple no CEI-Nodus

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará a convocatoria e as bases que rexerán a cesión dos espazos, por un máximo de tres anos, na Xunta de Goberno local desta semana. Mauricio Repetto: “O obxectivo é facilitar a súa actividade e a posta en marcha de programas cos que dinamizar economicamente e poñer en valor o […]
16 marzo, 2024

O Executivo de Paula Alvarellos incorpora seis novos proxectos empresariais ao CEI-Nodus municipal

O edil de Dinamización Económica mantivo un encontro cos usuarios e usuarias deste viveiro, no que lles mostrou o apoio do Concello, dentro da súa aposta polo “fomento da innovación e a cultura emprendedora en Lugo”. Repetto deu a benvida a seis novos proxectos que ocuparán outros tantos locais no CEI e que ofrecen servizos diversos: dende deseño […]
12 marzo, 2024

O centro municipal de información europea, Europe Direct Lugo, convoca o XI Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia

O certame, organizado conxuntamente co Europe Direct da Coruña, celebra a súa décimo primeira edición baixo o lema “Europa preto de ti”. Para participar as fotos deben enviarse ao correo cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com dende onde serán subidas automaticamente á páxina de Facebook do concurso. Cada centro fará entrega de dous premios, cun total de 4 premios individuais a repartir: […]
5 marzo, 2024

O Concello actualiza as normas de cesión e uso dos locais do CEI-Nodus para potenciar o ecosistema emprendedor lucense

A Xunta de Goberno Local aprobará esta semana a nova normativa que introduce cambios e melloras con respecto á vixente, do ano 2012. Repetto: “Buscamos facilitar unha maior rotación nos locais, dando oportunidades a todas e todos os interesados en poñer en marcha os seus proxectos neste viveiro empresarial”. Os solicitantes só poderán optar a […]
15 febrero, 2024

A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese coa firma lucense Perusiñas, instalada no CEI-Nodus, para coñecer a súa expansión internacional

A empresa, dedicada á elaboración e comercialización de doces gourmet, vén de realizar o seu primeiro envío de galletas a Bélxica, logo de abrirse oco no mercado francés. A rexedora destacou o éxito destes doces e puxo en valor o apoio brindado polo Concello apostando por este proxecto dende os seus inicios. En concreto, o […]