18 septiembre, 2024

Hostaleiros interesados na cafetería do CEI Nodus visitaron este mércores as instalacións desta dotación municipal

A nova convocatoria para presentar ofertas permanecerá aberta ata o 24 de setembro. O Executivo de Alvarellos flexibilizou as condicións para facer máis atractiva a concesión. Rebaixouse o canon a 500 euros ao mes, flexibilizouse a experiencia previa en hostalería ata os últimos 10 anos e permitirase o peche do establecemento 15 días ao ano. […]
13 septiembre, 2024

O Coliving Artístico Municipal do Carme acollerá este domingo a presentación da nova tempada da orquestra xoven de Lugo Terra Nova

O evento terá lugar a partir das 19:30 horas e contará con dous concertos dos grupos TerraTrompas e TerraCordas, dirixidos polo músico Nicolás Raveli. A formación musical –que iniciou a súa andaina en novembro de 2022– conta co apoio do Concello de Lugo, a través da área de Xuventude e Deportes. Por outra banda, o […]
7 septiembre, 2024

O Coliving Artístico acolle o sábado 14 un obradoiro para achegar á creación plástica contemporánea a nenos e nenas de 4 a 9 anos

A actividade levarase a cabo da man do colectivo A Escola Imaxinada, composto por profesionais do campo das artes, a arquitectura, a filosofía e a educación infantil e primaria. Mauricio Repetto: “A cita forma parte da programación que deseñamos dende o Executivo municipal ata final de ano para dar a coñecer esta nova dotación e […]
6 septiembre, 2024

O Executivo de Alvarellos porá en marcha un plan de marketing turístico para potenciar Lugo como destino “sostible, atractivo e auténtico”

Esta ferramenta enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística en Destino «Et Edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía», financiado con fondos europeos. Paula Alvarellos: “Queremos que Lugo sexa percibido como un destino imprescindible para os amantes da cultura, a historia e, especialmente, a gastronomía e os viños galegos”. O plan inclúe numerosas actuacións como a […]
3 septiembre, 2024

Paula Alvarellos felicita á firma lucense Perusiñas, instalada no CEI-Nodus, polo seu doble recoñecemento nos premios Grate Taste Awards

A rexedora puxo en valor a marca de doces gourmet liderada polos emprendedores Aitor e Laura Castro aos que o executivo municipal cedeu un local no viveiro do CEI en 2022. “Este logro é reflexo do talento, a calidade e a creatividade que temos na nosa cidade, e que apoiamos dende o Executivo, así como […]
28 agosto, 2024

O Executivo de Paula Alvarellos formará a 20 lucenses no ámbito sociosanitario e socioeducativo para a atención a persoas dependentes

Farao a través do novo obradoiro dual de emprego ‘Salus Lugo’ que porá en marcha a área de Dinamización Económica, a través dunha subvención autonómica de 421.000 euros. “A formación nestes ámbitos non só garante un coidado de calidade para as persoas que máis o necesitan, senón que tamén contribúe a crear un tecido social […]