23 abril, 2021

Finaliza o II Plan de Municipal de Reactivación Económica ao que o executivo de Lara Méndez asignou 1.060.000 € en axudas directas

O Concello de Lugo anuncia que, tras esgotarse o crédito dispoñible para as axudas directas do II Plan Municipal de Reactivación Económica, esta mañá procedeuse a pechar a convocatoria para concorrer a estas achegas o cal foi comunicado tanto na web como no taboleiro electrónico do Concello ao efecto de que non se presentasen máis […]
29 marzo, 2021

Lara Méndez mobilizará en abril un millón de euros nun segundo plan municipal de axudas directas para autónomos e empresas

A rexedora de Lugo desenvolve o compromiso do Goberno local de destinar o 1% do orzamento deste ano aos sectores máis afectados polas continuadas restricións sanitarias. As subvencións serán de 2.000, 1.500 e 1.000 euros por beneficiario dependendo de se o peche dos establecementos é total ou parcial e segundo o número de empregados. A […]
20 marzo, 2021

Lara Méndez quere asentar as bases da reindustralización de Lugo con todos os axentes nunha Mesa para a Diversificación Industrial

Esta iniciativa busca crear un espazo de acordo entre os colectivos económicos, políticos, sociais e institucionais para converter á cidade nun polo de atracción de empresas. A alcaldesa avanza que a iniciativa reforza a Estratexia Lugo Transforma, coa que o Concello mobilizará 12 millóns en cinco anos parar atraer inversión e crear emprego. O proxecto […]
22 enero, 2021

Un total de 15 empresas nacidas durante o confinamento no Coworking municipal de Lugo están xa en marcha e facturando

Lara Méndez mantivo un encontro cos emprendedores, e encomiou a súa valentía “porque dar o paso nestas duras circunstancias di moito do talento que atesoura a cidade” A alcaldesa pon en valor o traballo de formación e acompañamento destas iniciativas desenvolvido polo CEI Nodus, centro que foi semente de máis dun centenar de empresas Ábrese […]
29 diciembre, 2020

Lara Méndez prevé mobilizar en menos de 5 anos os 12 millóns de euros da estratexia Lugo Transforma para atraer empresas

A alcaldesa sostén que con este fondo emprendedor municipal, “a cidade contará cunha ferramenta propia moi poderosa para diversificar o tecido produtivo e crear emprego”. O prego técnico para contratar á xestora do fondo ata o ano 2031 fixa que nos doce primeiros meses desde a súa constitución deberá investir un mínimo de 1 millón […]
29 diciembre, 2020

A alcaldesa destaca o talento da muller, porque será un factor motor para a recuperación de Lugo

Os premios contarán con 3 categorías diferentes: emprendedora, empresaria e empresaria rural; entre os que se repartirán 4.500€