21 noviembre, 2018

Este venres, magosto emprendedor no CEI-NODUS

Será a partir das 19:30 horas, na explanada do CEI. É totalmente de balde. As persoas interesadas en participar na cita poden facelo a través do mail norman.veiga@concellodelugo.org O I Magosto Day Networking para Emprendedores é unha actividade de motivación, organizada coa finalidade de fomentar o espírito colaborativo e o traballo en equipo entre emprendedores […]
15 noviembre, 2018

O Inicia Coworking abre as inscricións para a súa cuarta e última edición, avalado por un éxito do 70% dos participantes cun negocio en marcha

Unhas 22 persoas poderán incorporarse a esta última edición do programa. Os e as interesadas en sumarse poden facelo no enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-4a-edicion Ana Prieto animou a todas aquelas persoas con iniciativa e con ideas para novos proxectos a presentar as súas ideas a esta convocatoria, ata o 15 de decembro. Esta fase desenvolverase entre xaneiro […]
19 octubre, 2018

A cita máis importante da industria en Galicia recoñece o traballo do Concello en favor do sector

A Alcaldesa, que recolleu o Premio Galicia de Industria outorgado ao CEI Nodus, subliñou que o protagonismo de Lugo no evento, dende o feito de que se celebre na cidade a que tres dos galardoados estean vinculados coa provincia, demostra que “aquí estamos facendo moito e ben”
18 octubre, 2018

Lugo, “cidade amigable coas emprendedoras”, apoia a 9ª Feira Outlet

A Alcaldesa inaugurou o certame organizado pola Asociación de Autónomas, en colaboración co Concello e a Deputación. 31 tendas ofrecen entre hoxe e o sábado descontos de entre o 50 e o 80%
17 octubre, 2018

A Alcaldesa entrega as chaves dos locais ás emprendedoras e emprendedores do viveiro de empresas do Concello na Tinería

Grazas a esta iniciativa do Goberno de Lara Méndez, implantaranse negocios variados, orixinais, innovadores, comerciais e cunha elevada posibilidade de atraer xente tanto de Lugo como de fóra, relacionados co sector turístico, moda, tecnoloxía, deporte, lecer e arte A rexedora agradeceu aos adxudicatarios “que cresen neste proxecto, neste barrio e nesta cidade” e puxo en […]
1 octubre, 2018

O CEI Nodus, premio Galicia de Industria, pola súa contribución ao desenvolvemento económico galego

Lugo acollerá o 19 de outubro a gala de entrega dos galardóns, organizados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia