28 febrero, 2020

O CEI – Nodus oferta varios cursos de formación para emprendedores no ámbito da transformación dixital

A organización destes talleres obedece a aposta decidida e ao apoio do goberno de Lara Méndez tanto á modernización do comercio local como á capacitación dos emprendedores para que desenvolvan, con éxito, novas fórmulas de negocio Coñecer o ecosistema emprendedor, achegar propostas de valor e abordar os distintos modelos de negocio que existen ou abondar […]
14 febrero, 2020

Lara Méndez anima a participar nun novo Inicia Coworking polo éxito dos precedentes, que crearon xa 350 postos de traballo

A alcaldesa de Lugo lembra que o 63% dos emprendedores inscritos nas anteriores edicións deste programa impulsado polo Concello e a EOI seguen facturando. As persoas interesadas en sumarse a esta terceira edición poden facelo, ata o 10 de marzo, a través do enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-5a-edicion
10 enero, 2020

A 4ª edición GIRA Mujeres chega a Lugo

💡🚀 Tes unha idea de negocio e queres analizar a súa viabilidade? 🙌🙌🙌 A Fundación Mujeres convídate a participar nunha nova edición de «GIRA Mujeres» en #Lugo.
21 noviembre, 2019

Lara Méndez inaugura a I Xornada Speed Networking que facilitou o contacto entre persoas desempregadas con discapacidade e unha trintena de empresas locais

A alcaldesa ratificou “o compromiso manifesto do Concello coa integración social e laboral real das persoas con diversidade funcional”
19 noviembre, 2019

O Espazo Lab do CEI – Nodus acollerá este xoves as primeiras Xornadas Speed Networking para persoas desempregadas con discapacidade

Mauricio Repetto, edil de Desenvolvemento Local, destaca o valor da iniciativa como “marco de intercambio para favorecer contactos entre traballadores e empresas por unha inclusión laboral sen barreiras”
15 noviembre, 2019

Festa 15 aniversario do Cei Nodus

Este aniversario é un punto de inflexión para darlle un novo impulso ao Lugo do emprendemento e queremos celebralo contigo. Acompáñanos!