15 octubre, 2020

500 lucenses, o 68% mulleres, remataron con éxito a formación online e gratuíta posta en marcha co programa municipal Formate Lugo

A alcaldesa Lara Méndez entregou os diplomas do proxecto pioneiro que se puxo en marcha na pandemia para axudar a mellorar a empregabilidade da veciñanza A media de idade dos participantes foi de 34 anos. O 61% foron demandantes de emprego, o 15% empregados en ERTE e o 6% autónomos
9 octubre, 2020

Lara Méndez participa na entrega de premios da campaña “Agora máis ca nunca nas tendas hai que entrar, aínda que sexa de visita”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres na entrega de premios da campaña “Agora máis ca nunca nas tendas hai que entrar, aínda que sexa de visita”, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo.
20 agosto, 2020

23 emprendedores completaron o curso online de comunicación dixital, organizado polo Concello e impartido pola lucense Mar Castro

O Goberno de Lara Méndez puxo en marcha esta iniciativa, en colaboración con AJE Lugo, co obxectivo de ofrecer formación especializada e grauíta aos participantes, nun ámbito que se atopa en auxe debido á crise sanitaria Os participantes no curso son emprendedores/as e empresarios/as en diferentes áreas: traducción e interpretación, arte visual, diseño gráfico, formación […]
29 julio, 2020

O Concello formará a 35 emprendedores lucenses en comunicación dixital a través dun curso online e gratuíto impartido por Mar Castro

A acción formativa incluirá cinco sesións de videoconferencia do 10 ao 19 de agosto en horario de 15:30 a 17:00 horas e unha sesión de asesoría individual Estará impartido pola lucense Mar Castro, Doutora en Comunicación, cunha dilatada traxectoria e experiencia profesional
13 julio, 2020

Lara Méndez impulsa os mercados de verán San Pedrín e A Milagrosiña co fin de dinamizar o comercio e os barrios

Participarán preto de 200 locais das rúas San Pedro e Campo Castelo, no casco vello, e da zona de A Milagrosa, que estarán identificados e venderán con descontos en xullo e agosto A alcaldesa sostén que “o obxectivo é axudar a reactivar a economía do sector xa que o comercio é o sustento de moitas […]
10 julio, 2020

Lara Méndez reúnese cos primeiros emprendedores de Lugo nacidos na pandemia e formados no CEI Nodus, co V Inicia Coworking

Por primeira vez, o Concello poñerá en contacto aos emprendedores con inversores privados, pois participarán na xornada Demo Day que se celebrará o vindeiro martes,  na que se presentarán os diferentes proxectos participantes En total, 22 lucenses están a recibir formación online e gratuíta grazas a esta iniciativa, do Concello e a EOI e cofinanciada […]