26 octubre, 2018

A Alcaldesa asina con Fomento e Xunta o convenio para dar un novo impulso á rehabilitación no casco histórico

A Alcaldesa, Lara Méndez, asinou este venres en Santiago o convenio de colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta para desenvolver a 15ª fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) do casco histórico, que, cunha dotación económica total de 900.000€, supoñerá un novo impulso á rehabilitación na zona, un dos obxectivos centrais […]
24 octubre, 2018

O Goberno aproba unha liña de axudas por preto de 80.000 euros para ONGDs

O prazo de presentación das solicitudes será de15 días hábiles contados dende a publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións, a través do BOP
23 octubre, 2018

Aberto o prazo para solicitar as axudas para asociacións sociais e transporte en taxi adaptado

O Goberno renova un ano máis o seu apoio tanto a colectivos sen ánimo de lucro como a persoas con problemas de mobilidade, cunha liña de axudas de 43.000 euros As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral ata o 19 de novembro
22 octubre, 2018

Lugo, presente na 12ª Conferencia Internacional de Cidades polo Comercio Xusto

Rosana Rielo vén de asisitr a esta cita, na que se reuniron máis de 250 persoas de 40 países. Para a edil, participar neste encontro anual significa fortalecer o compromiso de Lugo co Comercio Xusto
19 octubre, 2018

A cita máis importante da industria en Galicia recoñece o traballo do Concello en favor do sector

A Alcaldesa, que recolleu o Premio Galicia de Industria outorgado ao CEI Nodus, subliñou que o protagonismo de Lugo no evento, dende o feito de que se celebre na cidade a que tres dos galardoados estean vinculados coa provincia, demostra que “aquí estamos facendo moito e ben”
18 octubre, 2018

Lugo, “cidade amigable coas emprendedoras”, apoia a 9ª Feira Outlet

A Alcaldesa inaugurou o certame organizado pola Asociación de Autónomas, en colaboración co Concello e a Deputación. 31 tendas ofrecen entre hoxe e o sábado descontos de entre o 50 e o 80%