25 febrero, 2025

A cafetería municipal do CEI Nodus consolídase como punto de encontro de emprendedores e empresarios trala súa reapertura

A alcaldesa visitou o establecemento para interesarse polo seu funcionamento tralo proceso de adxudicación, por un período inicial de 2 anos prorrogable ata dez. A cafetería-restaurante está aberta así mesmo ao conxunto da cidadanía lucense cun horario de funcionamento amplo, de luns a venres de 7:00 a 23:00 horas. A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, […]
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes

A rexedora, acompañada do edil de Dinamización Económica, visitou as instalacións do CEI Nodus, onde se imparte a formación para coñecer e saudar ás e aos participantes. “A formación neste sector non só abre portas no mercado laboral, senón que tamén é fundamental para garantir un coidado de calidade ás persoas que máis o necesitan”, […]
20 febrero, 2025

O CEI Nodus municipal acolle a xornada ‘Xustiza Social’ organizada pola Rede TIL, da que forma parte o Concello

O edil, Mauricio Repetto, deu a benvida aos asistentes dunha quincena de entidades de Lugo que prestan servizos a persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Repetto lembrou que o Concello forma parte desta rede co fin de coñecer as necesidades e buscar posibles solucións á problemática observada no entorno laboral da área lucense. […]
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade

A empresa lucense promove o desenvolvemento dun parque empresarial sostenible de máis de 180.000 metros cadrados de superficie, certificado por BREEAM España. “O Ceao é un referente na actividade económica da nosa cidade, e con esta iniciativa consolídase como un modelo de desenvolvemento responsable, eficiente e moderno”. O concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou […]
14 febrero, 2025

Paula Alvarellos presenta Novo Norte: o Plan de Actuación Integral co que se prevé acometer a trasformación urbana da contorna da Avenida da Coruña

Con esta iniciativa o Concello de Lugo concorrerá á convocatoria dos fondos europeos habilitados a través da Estratexia EDIL na que opta a 20 millóns de euros. “Apostamos por transformar a arteria principal da zona norte nun gran bulevar verde coa creación dunha senda de preferencia peonil que conecte este eixo vertebrador co Centro histórico […]
12 febrero, 2025

O edificio Impulso Verde acolle dende comezos de ano as instalacións da empresa municipal de vivenda e solo Evislusa

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, destaca que «o traslado reforza o compromiso do Concello coa sustentabilidade e co aproveitamento dos espazos públicos pioneiros». O edificio Impulso Verde, situado na Garaballa, acolle dende hai varias semanas as oficinas da empresa municipal de vivenda e solo de Lugo, Evislusa, que trasladou a súa sede desde o […]