14 abril, 2025

Lugo continúa a sumar recoñecementos como cidade referente en sustentabilidade e innovación, coa obtención do XIII Premio Progreso

Este recoñecemento estatal premia a innovación e o impacto social e ambiental das mellores iniciativas postas en marcha no ámbito local. Miguel Fernández: “Somos unha cidade que marca o camiño cara ao futuro, premiada a nivel nacional e internacional pola súa aposta decidida pola innovación urbana”. O Concello recibiu o galardón na categoría de Medio […]
7 abril, 2025

O Servizo de Orientación Laboral do Concello atendeu a 85 persoas no primeiro trimestre do ano, axudando a mellorar a súa empregabilidade

De xaneiro a marzo realizáronse 156 entrevistas, distribuíndose os usuarios do seguinte xeito: 47% mulleres e 53% homes, sendo o 38% menores de 35 e o 62% maiores desa idade. Ademais, como novidade, incorporouse a ferramenta de IA EMI, que facilita os procesos de orientación laboral mediante a definición de perfís competenciais. Orientación Laboral ocúpase […]
28 marzo, 2025

Estudantes do Ciclo de Marketing e Publicidade do CIFP As Mercedes coñecen de preto o ecosistema emprendedor do CEI-Nodus

Un grupo de 35 alumnos e alumnas visitou estas instalacións municipais, para coñecer o seu funcionamento como centro de referencia no emprendemento en Lugo e Galicia. Os estudantes tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias con emprendedores que desenvolven os seus proxectos no CEI-Nodus, coñecendo as súas posibilidades. Un grupo de 35 estudantes do primeiro curso […]
24 marzo, 2025

O CEI-Nodus municipal incorpora cinco novos proxectos empresariais

Unha consultoría tecnolóxica, unha axencia de branding, unha tenda de marmeladas artesás, un centro de fisioterapia e outro de saúde visual son os novos negocios instalados. Miguel Fernández: «Estamos encantados de dar a benvida a estes proxectos, que aportan innovación, dinamismo e servizos moi diversificados”. A cesión dos locais será por unha vixencia temporal de […]
6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía

A empresa Citanias Obras y Servicios será a encargada de redactar o proxecto e executar os traballos de rehabilitación cun orzamento de 554.212 euros e criterios passivhaus. Repetto: “Este proxecto permitirá dotar a Lugo dun espazo único, que combine a posta en valor do noso patrimonio cunha proposta innovadora para a promoción dos produtos locais e […]
26 febrero, 2025

O Executivo de Paula Alvarellos porá en marcha un protocolo para a minimización de residuos nos grandes eventos festivos de Lugo

O documento incluirá unha diagnose da situación actual, un plan de accións para a redución e xestión de residuos, materiais de difusión e campañas de sensibilización ambiental. Alvarellos: “Con esta iniciativa, apostamos por un modelo de lecer responsable e respectuoso co entorno, reducindo residuos e promovendo a reutilización e reciclaxe”. Hoxe publicouse na Plataforma de […]