Que é o Cei-Nodus?

null

Entra no Cei-Nodus

E consulta a información que precises

O Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais

Con este obxectivo o CEI-Nodus céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. Así, combínanse as infraestruturas coa asesoría técnica para facilitar o arranque e a consolidación de proxectos empresariais. Para elo patrocínase a cooperación entre as empresas situadas no Centro co obxectivo de conseguir unha mellor inserción no mercado. A segunda das áreas de servizo do CEI -Nodus é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo. Finalmente o Centro de Empresas ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ao I+D+i.

Últimas novas

O Goberno de Lara Méndez promove unha nova acción formativa para mozos e mozas emprendedores, coa colaboración da Fundación Incyde, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE). Trátase do programa …
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este martes o Catálogo GUD Lugo de solucións de deseño urbano sostible. Fíxoo acompañada do concelleiro de Sustentabilidade Urbana, Álvaro Santos, e do enxeñeiro, Jesús …
O Executivo de Lara Méndez destinará 152.369 euros a un novo Plan de Formación dirixido, nesta ocasión, a 1.120 persoas desempregadas. Unha iniciativa que ten por obxectivo, proporcionar á cidadanía …

Promoción

As empresas e institucións con domicilio en Lugo ou que celebren eventos na cidade poden utilizar este espazo para promocionarse gratuitamente.

A Concellería de Emprego pon a disposición das empresas ou entidades que o desexen, un medio no que dar difusión e promocionar as actividades ou eventos que organicen ou nos que participen. 

Deste xeito o Concello amplía a todas as empresas da cidade un servizo que ata agora se viña prestando exclusivamente ás empresas instaladas no CEI-Nodus. 

Inicia coworking

Espazo coworking froito da colaboración entre EOI e o concello de Lugo

Conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Concello de Lugo. Aséntase sobre 5 piares: obradoiros de formación; asesoramento personalizado e especializado; networking ou rede de contactos; presentación do proxecto ante inversores e busca de financiamento.