Desde o ano 2000 o Concello de Lugo, pon en marcha distintos proxectos no eido da inserción laboral e o emprego.
Desde esta sección, vostede poderá acceder a estes proxectos, tanto os que se están executando nestes momentos como os que xa remataron e poderá ter unha visión ampla do traballo realizado.
Empregalia
Plan de emprego que favorecerá a través da formación a inserción laboral de 105 mozos e mozas menores de 30 anos de idade, inscritos no programa de Garantía Xuvenil.
Con(trato) feito
É o primeiro plan de emprego cen por cen municipal do Concello de Lugo. Este plan está dotado con máis dun millón de euros, que están destinados a facilitar a creación de emprego e a consolidación das empresas da nosa cidade.