Neste proxecto leváronse a cabo actuacións prioritarias e eficaces de políticas que favorezan o emprego, como é o estímulo á creación de empresas que contribúan á dinamización do tecido empresarial e á creación de novos postos de traballo, así como fomentar a mellora competitiva das empresas do noso municipio.
Deste xeito, concedeuse unha liña de axudas para contratar a veciños e veciñas do noso municipio que se atopen en situación de desemprego e coas que tamén quixemos atraer outros proxectos para fortalecer o noso tecido industrial.