• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O edificio Impulso Verde acolle dende comezos de ano as instalacións da empresa municipal de vivenda e solo Evislusa
12 febrero, 2025
Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade
18 febrero, 2025
Mostrar todo

Paula Alvarellos presenta Novo Norte: o Plan de Actuación Integral co que se prevé acometer a trasformación urbana da contorna da Avenida da Coruña

14 febrero, 2025
Categorías
  • Sin categoría
Etiquetas

Con esta iniciativa o Concello de Lugo concorrerá á convocatoria dos fondos europeos habilitados a través da Estratexia EDIL na que opta a 20 millóns de euros.

“Apostamos por transformar a arteria principal da zona norte nun gran bulevar verde coa creación dunha senda de preferencia peonil que conecte este eixo vertebrador co Centro histórico e o resto da cidade”, sinalou a alcaldesa.

Este proxecto complétase ademais coa creación doutra importante senda verde que conecta a avenida co barrio da Milagrosa a través dun itinerario que percorre parte de Camiño Real e a rúa Tino Grandío.

Na contorna da Intermodal prevese a instalación dun sistema mecanizado que desde a praza Conde Fontao ata Miguel de Cervantes facilite o transito cara ao resto da trama urbana.

“Contemplamos medidas de carácter social que roldan os 800.000 euros de investimento e que inclúen a mellora do Centro Social da Milagrosa, a creación da Parroquia 55 ou rehabilitar o parque de Frigsa cun obradoiro”, apunto a rexedora.

O último eixo de actuación  prevé melloras medio ambientais que superan os 4.800.000 euros de investimento e que afectan o confort climático no espazo urbano, á prevención de inundacións ou á renovación da rede de augas nos polígonos industriais.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alavrellos, acompañada polo edil de Dinamización Ecónomica Mauricio Repetto e a xefa de servizo desta área, Isabel Villamor, compareceu esta mañá na sala de Novas Tecnoloxías da Casa do concello para presentar o Plan de Actuación Integral co que Lugo conurrirá á convocatoria dos fondos europeos habilitados a través da Estratexia EDIL.

“Centraremos o noso esforzo en conquerir financiamento para levar a cabo unha serie de melloras de gran calado que temos planificadas dentro do noso proxecto de municipio e que sen dúbida están chamadas a cambiar para  sempre os eixos nordés e noroeste da nosa cidade. Este proxecto recibe o nome de NOVO NORTE, e co optamos a 20 millóns de financiamento europeo”, sinalou a rexedora antes de debullar o proxecto.

Deste xeito, o Executivo de Paula Alvarellos prevé intervir na avenida da Coruña e os barrios baixo a súa influencia, mellorar a accesibilidade na contorna da nova estación Intermodal e implementer medidas de carácter transversal no ámbito social así como executar melloras encamiñadas a incrementar a resiliencia  do municipio no ámbito ambiental.

“O obxectivo deste PAI responde a unha única meta final: rexenerar o espazo urbano comprendido a ambas as marxes da avenida da Coruña, e que afecta a unha área onde residen máis de 25.000 lucenses,  e facelo ademais desde unha perspectiva tanto social como económica, e sempre baixo criterios de sustentabilidade urbana. Para iso apostamos por transformar a arteria principal da zona norte nun gran bulevar verde coa creación dunha senda de preferencia peonil que conecte este eixo vertebrador co Centro histórico e o resto da cidade”, sinalou a alcaldesa.

Esta gran transformación vai aparellada a unha profunda reordenación do tráfico e redistribución dos aparcamentos comprendidos neste vía, segundo explicou a alcaldesa na súa intervención aspecto no que tamén incidiron tanto o edil como a técnica municipal. Deste xeito, coa reordenación da avenida da Coruña lograrase transformar a mobilidade, ampliar os espazos peonís, crear novas zonas de esparexemento, introducir elementos vexetais que melloren o espazo público e crear zonas cubertas para o uso de menores e maiores que permitan socializar no que agora é un espazo ocupado principalmente por vehículos.

Este proxecto complétase ademais coa creación doutra importante senda verde  que conecta a avenida co barrio da Milagrosa a través dun itinerario que percorre parte de Camiño Real e a rúa Tino Grandío. Esta iniciativa, na liña da anterior, prevé tamén a reordenación do tráfico rodado para mellorar a mobilidade e establece zonas de coexistencia de prioridade peonil que configura espazos públicos inspirados nos “woonerf” holandeses.

Esta gran modernización urbana, cuxa investimento superaría os 8 millóns de euros, complétase cunha considerable batería de melloras que coroarán este traballo estrutural de gran calado na avenida da Coruña e as súas inmediacións e que están destinadas, principalmente, a mellorar o espazo público. Deste xeito, e atendendo ás suxestións cidadás recollidas como conclusión do proceso participativo que o Goberno local abriu hai varios meses para definir as actuacións para incluír esta estratexia, se aposta de forma decidida por incorporar sensores de control de prazas de aparcamento e cámaras de identificación de matrículas para o control de tránsito.

Tamén se prevé habilitar pasos peonís intelixentes e sensores de detección de viandantes que axuden a regular o novo sistema de tráfico, instalaríanse   sinais lumínicas para aumentar a seguridade viaria. Ademais, para completar estes cambios na mobilidade proxéctase introducir un sistema de alugueiro e recarga de bicicletas eléctricas para fomentar o transporte alternativo. “Isto vainos a permitir, por unha banda conectar a zona norte co Centro Histórico e outras zonas da cidade de forma eficaz, sostible e respectuosa co noso medio ambiente e a nosa veciñanza”, apuntou Alvarellos.

Co mesmo obxectivo, e coa intención ademais de achegar dinamismo ao tecido comercial e ao lecer prevese introducir un novo sistema de transporte colectivo que consistirá nun tren eléctrico de batería de litio de dous vagóns e con capacidade para uns 56 pasaxeiros e sinalizar un roteiro turísitca que divulgará o patrimonio arquitectónico da zona norte.

Así mesmo, de alcanzar esta liña de finaciación, dotaríase a estes barrios de elementos como bancos intelixentes con cargadores para dispositivos móbiles e con conexión a Internet pública, mupis dixitais que facilitarán información de servizos de interese para a cidadanía. Así como novos elementos que melloren a accesibilidade e un sistema de sinalización que permita identificar, servizos, parques e zonas de descanso que  situaría a este espazo como unha zona urbana referente a nivel tecnolóxico.

Pola súa banda, no que á contorna da Intermodal refírese, Alvarellos informou de que se aposta por axilizar a comunicación desta zona co resto da cidade. “Para iso propoñemos unha intervención importante no espazo urbano que proporcione unha clara mellora da accesibilidade. Así proxectamos a instalación dun sistema mecanizado que desde a praza Conde Fontao ata Miguel de Cervantes facilite o transito cara ao resto da trama urbana. Barallamos varias opcións, pero en todo caso estariamos a falar dunha solución integral que inclúe un sistema de escaleiras, ramplas mecánicas ou mesmo un ascensor”, sinalou a alcadesa.

Esta solución que supoñerá unha importante rexeneración urbana desta contorna prevé un investimento total que superaría os 5,2 millóns de euros.

Este traballo de modernización comporta ademais un profundo labor de intervención social que ten un carácter completamente transversal. “Con esta liña pretendemos xerar oportunidades laborais e mellorar os nosos índices de equidade social. Para iso contemplamos medidas que roldan os 800.000 euros  de investimento e que inclúen iniciativas como a mellora do Centro Social da Milagrosa coa que queremos ampliar o espazo e os servizos sociais e de inclusión que se prestan neste punto e que dará resposta á crecente demanda social que existe neste sentido”, informou Alvarellos.

Dentro desta vertente social da estratexia prevese poñer en marcha unha actuación que permitirá reconectar con todas e todos aqueles lucenses que ao longo da súa vida tiveron que abandonar a nosa cidade para desenvolver os seus proxectos persoais ou profesionais. “Imos crear a “Parroquia 55”. Con este novo espazo físico e virtual queremos reforzar a conexión de todos estes lucenses co seu municipio e abrir canles que lles permitan manter o vínculo coa súa cidade e acceder a información laboral e sobre emprendemento, entre outros moitos aspectos, que lles abra a oportunidade ao seu regreso se así o desexan”, explicou a rexedora.

Esta nova Parroquia 55 estará situada na Casa do Migrante, que se localizará  no barrio de O Castiñeiro. Esta nova dotación funcionará ademais como punto municipal de asistencia onde a poboación migrante poida recibir asesoramento sobre trámites administrativos e outros aspectos que faciliten a súa rápida integración no municipio. Estes novos servizos contarán con financiamento vinculado á súa creación e  destinada a soportar o seu funcionamento”, relatou.

Doutra banda, vinculando esta liña de actuación social co proxecto de rexeneración urbana da contorna da avenida da Coruña, o Goberno local prevé realizar unha rehabilitación do Parque da Milagrosa a través dun programa de formación que permita a contratación de desempregados de colectivos vulnerables para realizar traballos vinculados este proxecto de rexeneración do parque.

Este mesmo modelo de zonas de confort climático introdúcese no último eixo previsto dentro do PAI que é o de mellora medio ambiental e en que se contemplan accións de carácter totalmente transversal que superan os 4.800.000 euros de investimento. “Un dos requisitos valorados para optar a estes fondos é introducir iniciativas que permitan aumentar a nosa resiliencia ambiental por iso plantemaos, entre outras iniciativas, vertebrar toda a área de actuación do proxecto Novo Norte con zonas de confort climático, complementando o resto de proxectos de humanización de en este ámbito da cidade”, señlaó Alvarellos a este respecto.

De forma complementaria a estas zonas de confort climático e tamén co obxectivo de previr posibles inundacións ou anegamientos puntuais na trama urbana prevese actuar na rede de sumidoiros e saneamento na zona norte. Ademais incrementarase a eficiencia da rede de abastecemento de auga dos polígonos industriais da cidade avanzando na substitución da actual rede de fibrocemento, mellorando amplamente a eficiencia. E tamén se dotará aos depósitos municipais de auga dun sitema de subministración autónoma a través de placas fotovoltaicas que permitir alcanzar un importante aforro no consumo de enerxía no ciclo da auga de toda a cidade. 

“En definitiva, alcanzar esta liña financiamento permitiríanos lograr ese Novo Norte que perseguimos, pero sobre todo, permitiríanos reducir enormemente os tempos no que poderiamos implementar todas estas iniciativas que contemplamos no noso proxecto de cidade”, concluíu a alcadesa quen adiantou que esta mesma tarde informará in situ aos colectivos veciñais da zona de todo o proxecto.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

1 junio, 2025

O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus


Ler máis
27 mayo, 2025

O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo


Ler máis
21 mayo, 2025

O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo