• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O Executivo de Paula Alvarellos pon a disposición do tecido asociativo varios locais e salas de uso múltiple no CEI-Nodus
26 marzo, 2024
O Executivo de Paula Alvarellos pon en marcha axudas para entidades que contribúan a dinamizar a economía e a xerar emprego en Lugo
16 abril, 2024
Mostrar todo

O viveiro de empresas do Concello na Tinería completa a súa renovación coa apertura de seis negocios que contribuirán a dinamizar o barrio

3 abril, 2024
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
  • Economía
Etiquetas

Alvarellos e Repetto visitaron ás persoas emprendedoras beneficiarias da 2ª convocatoria posta en marcha polo executivo para a cesión de locais comerciais neste barrio da cidade.

A rexedora informou que “todos os negocios xa se atopan abertos ao público” e convidou á cidadanía a achegarse a coñecer os produtos e servizos que estes ofrecen.

O Concello alugou os espazos en condicións moi vantaxosas como mostra do seu compromiso coa rexeneración desta zona do Centro Histórico.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, visitou o viveiro municipal da Tinería para coñecer de primeira man os seis novos negocios que ocuparán outros tantos locais comerciais neste barrio do Centro Histórico. Farano durante un período máximo de seis anos, cunhas condicións moi vantaxosas, pois o Concello reducirá os alugueiros nun 70% sobre o prezo estipulado polo IGVS, de xeito que a cota a satisfacer polos arrendatarios dos locais será o 30% do importe total que a administración local pagará á Xunta de Galicia, ao tratarse de espazos de titularidade autonómica.

Ademais, a rexedora lembrou que “o Concello asumirá tamén o importe do IBI de todos os locais, e este custo non se repercutirá aos arrendatarios”. Deste xeito, as rendas oscilan entre os 18,59 euros mensuais do aluguer máis baixo e os 133,82 euros do máis caro. Alvarellos informou que “tras varias semanas nas que os novos adxudicatarios dos espazos puideron acondicionar os locais de acordo coas características da súa actividade comercial, todos os negocios xa se atopan en funcionamento e abertos ao público”.

Neste senso, a alcaldesa convidou a toda a cidadanía a “achegarse a coñecer os produtos e servizos que estes ofrecen”, e lembrou que, precisamente, o obxectivo desta iniciativa é “contribuír a dinamizar social e economicamente o barrio da Tinería, do mesmo xeito que tamén pulamos pola rexeneración urbanística do Centro Histórico coas obras de peonalización e humanización, para que xuntas estas intervencións teñan un caracter transformador na contorna”.

“A determinación e a capacidade de emprender amosada polas empresas que forman parte deste viveiro empresarial municipal conta co soporte total deste Goberno local. O apoio ao emprendemento é un piar fundamental da nosa política de dinamización económica, coa que pretendemos expandir o noso tecido produtivo, xerar emprego e fixar poboación nova. Queremos que Lugo siga sendo unha cidade de oportunidadese”, engadiu a rexedora.

Pola súa banda, Repetto lembrou que “esta é a segunda convocatoria que poñemos en marcha, logo de que os inmobles estiveran ocupados durante os pasados cinco anos, contribuíndo á xeración de novos postos de traballo e ao despegue de proxectos empresariais de diversa índole, algún dos cales volveu a mostrar o seu interese en continuar na zona”.

O edil explicou que para a cesión destes locais, en condicións moi vantaxosas, o Concello de Lugo, a través da área de Dinamización Económica, asinou un acordo co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) que contempla o arrendamento de sete locais de titularidade autonómica, un dos cales, situado na rúa Tinería 36, será empregado polo propio Concello para realizar actividades de dinamización, mentres que os outros seis locais poranse a disposición dos/as emprendedores/as da cidade.

Información das empresas instaladas no viveiro da Tinería

Ani Nails Lugo: Estudo de uñas que brinda servizos de manicura e pedicura, especializada no reforzamento e crecemento natural da uña usando técnicas de Drill Manicures. Ademais, realiza talleres de manicura, pintura de diferentes símbolos nas uñas, etc.

Portomeñekos: Proxecto de taller de artesanía, concretamente de construción e restauración de figuras de cartón pedra con venda directa ao público e a posibilidade de mostrar en vivo o traballo con visitas e cursos a público reducido no propio taller.

Perspectiva: Oferta de produtos de agasallo e recordos personalizados de alta calidade, deseñados especificamente para cada cliente mediante impresións dixitais. Produtos como camisetas, cuncas, lenzos, suadoiros, etc.

Lucus Aventur: Organización de actividades lúdicas para todos os públicos. Actividades ao aire libre como tirolesas, tiro con arco, minigolf, kaiaks, pádel surf, trekking, roteiros e-bike etc. Alugueiro de bicicletas eléctricas, reparación de bicicletas e tenda de produtos deportivos.

Sara Lage: Taller/tenda de confección de vestidos de noiva confeccionados a medida. Nun mundo en que todo está feito en masa nace este proxecto que busca exclusividade, e que profunda no interior das persoas, expondo pezas únicas que reflictan a súa personalidade.

Anaytra: Realiza unha ampla variedade de análises de auga en función das necesidades dos clientes e tipo de mostra a analizar. Análise de parámetros físicos, químicos e microbiolóxicos para verificar o cumprimento coa lexislación vixente e para asegurar unha correcta calidade da auga segundo o uso que se lle queira dar.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis
12 febrero, 2025

O edificio Impulso Verde acolle dende comezos de ano as instalacións da empresa municipal de vivenda e solo Evislusa


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo