• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
emprego público lugo policía
O Goberno, co aval da Mesa Xeral de Negociación, convocará 26 novas prazas de Policía Local para cubrir o 100% das xubilacións
28 febrero, 2019
Preto de 350 persoas de etnia xitana atoparon traballo grazas ás colaboracións do Concello e a Deputación
5 marzo, 2019
Mostrar todo

O Goberno lanza o Muramiñae Rehabilita, un plan de capacitación laboral e obras enmarcado na EDUSI, financiada por fondos FEDER

1 marzo, 2019
Categorías
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
Etiquetas
  • Economía
  • Emprego

Coa pretensión de facer de Lugo unha cidade integradora e social, ponse en marcha este plan, dirixido a colectivos en risco de exclusión. Así, o Goberno continúa desenvolvendo actuacións que faciliten a empregabilidade de calidade no municipio

A Alcaldesa anunciou o Muramiñae Rehabilita, co que se crearán 3 brigadas formadas por 27 traballadores e traballadoras, en situación de desemprego, para realizar obras de mellora na zona que abarca a estratexia DUSI

O Concello contratará a 3 persoas que se encargarán de dirixir cada brigada e 24 peóns. Así mesmo, facilitaráselles, apoio que recibirán tanto ao inicio como ao final para contribuír á súa inserción posterior no mundo laboral

O orzamento do Muramiñae Rehabilita, financiado ao 80% por Fondos Europeos de Desarrollo Rexional, é de 654.000€. Os fondos FEDER axudan en Lugo a promover a inclusión social e á rexeneración social

«O Concello non sería a institución máis próxima á veciñanza senon déramos unha resposta ás súas preocupacións. E unhas das prioritarias é o emprego, e tamén contar cunha cidade máis cómoda», subliñou Lara Méndez

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este vernes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, unha nova acción que vai lanzar o Goberno, dentro da  execución da  Estratexia Dusi de Lugo. Trátase do Muramiñae Rehabilita, un plan de capacitación laboral e obras, financiado ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Previamente, a rexedora déullelo a coñecer aos grupos da oposición na comisión de seguimento do DUSI.

Coa pretensión de facer de Lugo unha cidade integradora e social, ponse en marcha este plan, dirixido a colectivos en risco de exclusión, «co que promovemos a inclusión social ao tempo que traballamos pola mellora da zona urbana de Lugo».

Con este plan, que se aprobará proximamente en Xunta de Goberno, «crearemos 3 brigadas formadas por 27 traballadores e traballadoras, persoas en situación de desemprego, para realizar obras de acondicionamento e mellora na zona DUSI», delimitada, a grandes rasgos pola Avenida da Coruña, Poeta Curros Enríquez, rúa Mazaira, Flor de Lirio, Orquídea, Avenida Breogán, Orzabai, Fermín rivera, paseo Álvaro Cunqueiro, Armando Durán, Praza de Avilés, Puro Cora, Avelino Pousa Antelo, Cidade de Viveiro e Ronda da Muralla.

Obxectivos do Muramiñae Rehabilita

Co Muramiñae Rehabilita conseguiranse dous obxectivos:

  1. Por unha banda, a formación e capacitación de persoas en risco de exclusión social, creando 27 empregos durante 6 meses.
  2. E por outra, a realización de obras de mellora e acondicionamento de espazos públicos, pois as brigadas dedicaranse a xardinería e arranxos medioambientais; albanelería e pavimentación; e reparación de mobiliario e infraestrutura urbana.

O Concello contratará a 3 persoas que se encargarán de dirixir cada brigada e 24 peóns. Así mesmo, facilitaráselles formación aos traballadores e traballadoras, apoio que recibirán tanto ao inicio como ao final para contribuír á súa inserción posterior no mundo laboral.

Co plan Muramiñae Rehabilita, continuamos desenvolvendo actuacións eficaces que faciliten a empregabilidade de calidade e en boas condicións no noso municipio.

«A día de hoxe creo que ninguén dubida do noso compromiso e esforzo económico coas políticas de emprego deste Concello, aínda non tendo as competencias, que son da Xunta e o Goberno central», subliñou Lara Méndez, quen lembrou que o pasado ano se dedicaron nos orzamentos 3M€, que suben a 5M€ no proxecto de presupostos do Goberno deste ano; con iniciativas en marcha actualmente como o Inicia Coworking (que xa vai pola 4ª e última edición), os obradoiros Forum 4.0 e Interactivate ou o Plan Mellora Lugo 2019. Todo co respaldo da inserción do Plan Empregalia, o éxito do viveiro de empresas a pé de rúa na Tinería ou o 100% da ocupación do CEI Nodus.

Orzamento

O orzamento desta iniciativa de capacitación laboral, financiado ao 80% por Fondos Europeos de Desarrollo Rexional, é de 654.000 euros. Os fondos europeos FEDER, coas axudas reportadas, axudan en Lugo a promover a inclusión social e á rexeneración social da nosa contorna urbana.

«O Concello non sería a institución máis próxima á veciñanza senon déramos unha resposta ás súas preocupacións. E unhas das prioritarias é o emprego, e tamén contar cunha cidade máis cómoda, accesible, sostible e integradora», concluíu a Alcaldesa.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez sobre o plan Muramiñae Rehabilita | Descargar mp3
Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
20 febrero, 2025

O CEI Nodus municipal acolle a xornada ‘Xustiza Social’ organizada pola Rede TIL, da que forma parte o Concello


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo