• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
Aprobadas as bases para a cesión dos 9 locais comerciais da Tinería, coa que o Goberno avanza na revalorización do barrio
25 mayo, 2018
O Concello fomenta o emprendemento empresarial a través dunha xornada informativa no CEI-Nodus
4 junio, 2018
Mostrar todo

O Goberno creará, con fondos FEDER, un carril bici de máis de 15 quilómetros, para impulsar a mobilidade sostible na cidade

28 mayo, 2018
Categorías
  • Desenvolvelugo
Etiquetas
  • Alcaldía
  • Desenvolvemento local
  • Infraestructuras
  • Medio Ambiente

Lara Méndez deu a coñecer este «proxecto ambicioso, que busca converter a bici nun elemento normalizado da paisaxe de Lugo», redactado en base ao Plan de Mobilidade e ao Proxecto de Promoción da Bicicleta

O orzamento da iniciativa, enmarcada dentro do Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiado ao 80% polo Fondos Europeos de Desarrollo Regional, é dun millón de euros e o prazo de execución son 6 meses

«Trátase dunha inversión potente que fará de Lugo unha cidade máis saudable, ecolóxica, sostible e deportiva, con mellores infraestruturas, todo elo prioridade para o Goberno», subliñou a Alcaldesa

Os límites deste nova rede ciclista son a Avenida da Coruña, Ronda da Muralla, Parque Rosalía de Castro, río Miño cara o río Mera, límite da zona urbana en Abella e rúa Mazaira. Conta con 27 tramos diferenciados e foi deseñado atendendo a principios de cohesión rectitude, seguridade, conforte e atractivo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, deu a coñecer este luns, na Avenida Marqués de Ombreiro coa Ronda do Carme, unha nova medida de mobilidade sostible do Goberno, coa idea de transformar a Lugo nunha cidade do século XXI. Trátase dun novo carril bici, que alcanza os 15,2 quilómetros de sendas ciclistas na cidade, ben mediante vías separadas ou zonas de coexistencia, fronte aos 1,54 quilómetros que existen ata o momento.

«É un proxecto ambicioso, que busca converter a bici nun elemento normalizado da paisaxe de Lugo», subliñou a rexedora na presentación, na que tamén estivo presente o técnico municipal Miguel Ángel Negral. Así mesmo adiantou que dito proxecto foi redactado ademais en base ao Plan de Mobilidade e Espazo Público e ao Proxecto de Promoción da Bicicleta de Lugo, dous instrumentos cos que xa contaba o Concello.

Lara Méndez explicou que a nova rede ciclista foi deseñada cumprindo cinco principios:

  1. Cohesión: interna e con outras redes, como por exemplo os autobuses urbanos. Ademais da creación de sendas ciclistas, búsd facilitar tamén a intermodalidade entre bicicleta e transporte público, promovendo a sinerxia entre os dous modos de transporte.
  2. Rectitude: tanto en distancia como en tempo; xa que un dos principais motivos que desaniman a coller a bici é a pendente.
  3. Seguridade: viaria e saúde vial
  4. Confort
  5. Atractivo da ruta

Ademais, está definida con criterios de seguridade e comodidade, sempre tendo en conta este carril se implantará en rúas xa existentes.

27 tramos diferenciados

O ámbito de actuación é o correspondente á estratexia EDUSI de Lugo, Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiada ao 80% con fondos FEDER. Os seus límites aproximados son a Avenida da Coruña, Ronda da Muralla, Parque Rosalía de Castro, río Miño cara o río Mera, límite da zona urbana en Abella e rúa Mazaira.

O carril bici engloba 27 tramos diferenciados:

  1. Paseo do Miño
  2. A Ponte, inicio rúa Santiago
  3. Rúa Santiago (ata o semáforo)
  4. Parque de Rosalía
  5. Rúa García Portela
  6. Dona Urraca (tramo inicial)
  7. Dona Urraca (resto)
  8. López Guntín
  9. Portugal
  10. Azalea
  11. Ronda do Carme, ata Poeta Noriega Varela
  12. Ronda do Carme, Poeta Noriega Varela a Calzada Romana
  13. Ronda do Carme, Calzada Romana a rúa Santiago
  14. Acceso Complexo do Palomar. Gasolinera a Marqués de Ombreiro. Unha zona de moito tráfico ciclista deportiva e unha das principais conexións do río coa cidade.
  15. Marqués de Ombreiro
  16. Xermán Alonso
  17. Rúa Oliveira
  18. Rúa Orquídea. Dende rúa Oliveira ao centro comercial
  19. Rúa Orquídea. Centro comercial a Avenida Breogán
  20. Rúa da Saúde. Avenida de Breogán a Serra de Outes
  21. Rúa Ameneiro. Da rúa Saúde a Marqués de Ombreiro
  22. Río Navia. Valle Inclán a río Ser
  23. Rúa Mondoñedo. Tui a Concepción Arenal
  24. Concepción Arenal. Mondoñedo a rúa da Xesta
  25. Mazá da Antiga Residencia
  26. Río Ulla
  27. Rúa Amizade

Nestes 27 tramos haberá tanto carriles bici segregados com rúas ciclistas. As vías ciclistas, que estarán separadas tanto por sinalización vertical como por separadores ovalados de caucho de distintos tamaños, poden ser bidireccionais ou unidireccionais, ben de subida ou de baixada, existindo tamén rúas ciclistas que contarán con tráfico ciclista a contrasentido. Nas denominadas rúas ciclistas reducirase a velocidade xenérica a 20Km/h para garantir a seguridade.

Este proxecto tamén contempla aparcabicis e aparcadoiros cubertos, en aquelas zonas onde se prevé unha estancia larga, como colexios ou nas proximidades de paradas de autobús urbano, por exemplo. A localización deste aparcabicis será en calzada, substituíndo a plazas de aparcadoiro.

Para a creación destes 15,2 quilómetros de carril bici, buscouse tamén minimizar a demolición e afectar o menos posible á configuración actual das rúas. Sen embargo, haberá demolicións e excavacións para dispor de pavimento permeable na rúa Santiago. En xeral actuarase sobre o pavimento actual, eliminando as marcas viais actuais e substituíndoas por unhas novas. Si é certo que haberá algunhas zonas onde será necesario repoñer ou regularizar o pavimento: nas Costas do Parque, na ruá Poeta Xosé Crecente -no barrio da Residencia-, e nos laterais da Ronda do Carme.

Medida de convivencia e seguridade

«Con esta nova medida de mobilidade urbana posibilitamos a convivencia e a seguridade de ciclistas, peóns e vechículos», continuou a Alcaldesa. De feito, preevese a instalación de sinais específicas para vías ciclistas, que non existen na actualidade, como paneis, sinais de perigo por presencia de ciclistas, luces de semáforos con siluetas de bicicletas ou compartidas con peóns ou marcas de conexión entre vias ciclistas en cruces, entre outros.

«Trátase dunha iniciativa que mellora a mobilidade urbana, dotando ademais á cidade de infraestruturas axeitadas para fomentar o uso de vehículos alternativos aos automóbiles, capaces de conectar toda a cidade, coas que se favorecerán todo tipo de desplazamentos, dende os de lecer ás viaxes por cuestións laborais; porque nos non buscamos que os veciños e veciñas saian dar unha volta en bici, que tamén, senón que convirtan o uso da bici nun hábito diario e cotiá», asegurou Méndez.

Orzamento

O orzamento deste proxecto, enmarcado dentro do Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiado ao 80% por Fondos Europeos de Desarrollo Regional (FEDER) é dun millón de euros (1.043.941,11€), e o prazo de execución son 6 meses. «Trátase pois dunha inversión potente que fará de Lugo unha cidade máis saudable, ecolóxica, sostible e deportiva, con mellores infraestruturas, todo elo prioridade para o Goberno».

«Este é outro exemplo específico e claro de como os fondos FEDER poden mellorar a vida da veciñanza, e neste caso, apostando tamén por fomentar a mobilidade sostible por sendas ciclistas seguras que ademais nos permitirán disfrutar de Lugo dende outra perspectiva e dende unha nova infraestrutura», concluíu.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o carril bici | Descargar mp3

Documento

  • Proxecto | Descargar pdf
Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo