• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O Executivo de Lara Méndez abre unha nova convocatoria para o aluguer, en condicións moi vantaxosas, de locais comerciais na Tinería
19 agosto, 2023
As condicións vantaxosas coas que o Concello aluga os locais do viveiro da Tinería atraen a máis dunha vintena de emprendedores
14 septiembre, 2023
Mostrar todo

O Executivo de Lara Méndez impulsa a contratación do alumnado dos obradoiros municipais con incentivos económicos ao tecido produtivo

22 agosto, 2023
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
  • Espazo Lab>Emprego
Etiquetas

O obxectivo é propiciar a inserción laboral do alumnado que neste momento se está a formar no CEI Nodus no ámbito das TICs, o marketing e a comunicación.

Para acceder ás axudas as empresas interesadas terán que ofrecer un contrato mínimo de tres meses a xornada completa en entidades relacionadas cos contidos do obradoiro.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 8 de setembro. Toda a información, as bases e o formulario que deben completar atópase na web municipal.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, animou ao tecido produtivo lucense a solicitar as axudas de 1.500 euros para a contratación do alumnado do obradoiro Lugo Sostible 5.0, que se está a impartir de forma presencial nas dependencias municipais do CEI Nodus.

“O obxectivo destes incentivos é facilitar a inserción laboral das persoas que se están a formar no ámbito das TICs, o marketing e a comunicación”, explicou a rexedora.

O obradoiro, que chegará ao seu remate –logo de 12 meses– a finais se setembro, está organizado pola área de Dinamización Económica e, durante o seu desenvolvemento as e os participantes están a recibir o salario mínimo interprofesional. Deste xeito, Méndez apuntou que “coa posta en marcha destas iniciativas, non só ofrecemos unha formación remunerada, senón que agora tamén queremos favorecer o seu acceso ao mercado laboral, contribuíndo a xerar novos postos de traballo no municipio”.

“Promovemos así, dende o Concello, unha formación con futuro, que teña saída laboral, e o facemos, ademais, dun xeito que resulta triplemente atractivo para a poboación, en tanto lles permite ter uns ingresos mensuais mentres adquiren coñecementos en áreas cun importante nicho de mercado, ao tempo que promovemos a súa contratación posterior”, explicou.

No obradoiro están matriculados 15 alumnos, de entre 26 e 69 anos. Conta con tres especialidades formativas: Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web (5 alumnos); Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos (6 alumnos); e Xestión de marketing e relacións públicas (4 alumnos). As accións propostas contemplan a obtención do certificado de profesionalidade de Nivel 3.

“Tendo en conta o perfil do estudantado, o obxectivo é facilitar a súa reincorporación ao mercado de traballo,  nun segmento profesional novo para moitas e moitos deles e cunha ampla demanda de profesionais”, incidiu Méndez.

Axudas de 1.500 euros á contratación

Pola súa banda, o tenente de alcaldesa de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sinalou que os incentivos á contratación temporal por conta allea xa espertaron o interese dalgunhas empresas lucenses.

“Teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no obradoiro, xa que a contratación temporal terá unha duración mínima de 3 meses a tempo completo e deberá comezar nos quince días seguintes á finalización do mesmo, o vindeiro 29 de setembro”, indicou.

Repetto Morban informou tamén de que o prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 8 de setembro.

“Poderán ser entidades beneficiarias destes incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida no Obradoiro de Emprego”, afirmou o edil.

Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

Toda a información atópase na páxina web https://concellodelugo.gal/gl/incentivos-contratacion-do-alumnado-traballador-do-obradoiro-de-emprego-lugo-sostible-50, onde tamén se encontra o formulario de solicitude que deben presentar.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

10 julio, 2025

TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo do Concello de Lugo, amplía ata o 28 de xullo o seu prazo de inscrición


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
20 febrero, 2025

O CEI Nodus municipal acolle a xornada ‘Xustiza Social’ organizada pola Rede TIL, da que forma parte o Concello


Ler máis

Entradas recientes

  • TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo do Concello de Lugo, amplía ata o 28 de xullo o seu prazo de inscrición 10 julio, 2025
  • Lugo avanza na implantación dun modelo de reparto sostible apostando pola inclusión social a través do proxecto europeo Socilibre 30 junio, 2025
  • O alcalde e o presidente da Federación de Comercio reúnense para avanzar en iniciativas para o sector ante o remate das obras no centro 19 junio, 2025
  • Aberto o prazo de inscrición para TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo impulsada polo Concello de Lugo 13 junio, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • julio 2025
  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo do Concello de Lugo, amplía ata o 28 de xullo o seu prazo de inscrición 10 julio, 2025
  • Lugo avanza na implantación dun modelo de reparto sostible apostando pola inclusión social a través do proxecto europeo Socilibre 30 junio, 2025
  • O alcalde e o presidente da Federación de Comercio reúnense para avanzar en iniciativas para o sector ante o remate das obras no centro 19 junio, 2025

Arquivos

  • julio 2025
  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo