• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
Os lucenses Virtua Tennis e Galician Army protagonizarán as dúas sesións vermú nas Caldas e no Coliving enmarcadas no Caudal Fest
3 septiembre, 2024
O Coliving Artístico acolle o sábado 14 un obradoiro para achegar á creación plástica contemporánea a nenos e nenas de 4 a 9 anos
7 septiembre, 2024
Mostrar todo

O Executivo de Alvarellos porá en marcha un plan de marketing turístico para potenciar Lugo como destino “sostible, atractivo e auténtico”

6 septiembre, 2024
Categorías
  • Sin categoría
Etiquetas

Esta ferramenta enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística en Destino «Et Edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía», financiado con fondos europeos.

Paula Alvarellos: “Queremos que Lugo sexa percibido como un destino imprescindible para os amantes da cultura, a historia e, especialmente, a gastronomía e os viños galegos”.

O plan inclúe numerosas actuacións como a implementación de roteiros de sendeirismo homologados; a creación dun programa de dinamización para o Centro de Enogastronomía que se porá en marcha na  Fábrica da Luz, ou campañas publicitarias.

A elaboración deste documento veu precedida dun amplo traballo de investigación e diagnose da situación turística do municipio, ademais dun proceso participativo.

O Executivo de Paula Alvarellos porá en marcha un ambicioso plan de marketing enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD), «Et Edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía», para o que o Goberno Local acadou unha achega de 2 millóns de euros de fondos europeos Next Generation. “Esta ferramenta será a folla de ruta que seguiremos nos vindeiros anos, co obxectivo de potenciar Lugo como un destino sostible, atractivo e auténtico, que sexa amplamente recoñecido polo seu potencial cultural e histórico, a súa contorna natural, e a súa destacada enogastronomía”, explicou a rexedora.

“Queremos que Lugo sexa percibido como un destino imprescindible para os amantes da cultura, a historia e, especialmente, a gastronomía e os viños galegos. Un lugar onde os visitantes poidan gozar de experiencias culinarias auténticas e de alta calidade, nunha contorna acolledora e familiar”, apuntou Alvarellos.

Deste xeito, co plan de marketing buscase posicionar o municipio como un destino turístico de referencia no ámbito enogastronómico, recoñecido pola súa combinación única de patrimonio histórico, cultura e unha oferta culinaria de alta calidade. Neste senso, o obxectivo principal do plan será crear produtos turísticos que ofrezan unha experiencia completa da identidade de Lugo, combinando visitas a sitios históricos e culturais con experiencias gastronómicas que destacan os sabores locais e as tradicións culinarias.

Esta folla de ruta estruturarase ao redor de tres eixos estratéxicos: o eixo verde, relacionado coa contorna rural e a sustentabilidade; o eixo marrón, relacionado coas actividades turísticas históricas e culturais; e o eixo azul, relacionado coas actividades enogastronómicas. E, finalmente, un eixo de gobernanza e xestión, que xestione os recursos do municipio.

Dentro de cada un destes eixos desenvolveranse numerosas actuacións como a dinamización e implementación de roteiros de sendeirismo homologados e actividades de cicloturismo (Eixo verde); a creación dun portal turístico cultural oficial de Lugo (Eixo marrón); a creación dun programa de dinamización para o Centro de Enogastronomía que se porá en marcha na  Fábrica da Luz (Eixo azul); ou o lanzamento de campañas de imagen de marca (Eixo de gobernanza e xestión).

“O obxectivo principal é impulsar o turismo en Lugo de maneira desestacionalizada, integrada e sostible, aproveitando os nosos recursos enogastronómicos, patrimoniais, culturais e naturais, mentres potenciamos a nosa identidade única e atractiva para diferentes segmentos de turistas”, explicou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto.

Por outra banda, o concelleiro subliñou que outro dos obxectivos é promover a cidade de Lugo e a súa contorna como destino para eventos, congresos, reunións e viaxes de incentivos. “Así, traballarase en atraer a organizadores de eventos e profesionais do sector MICE (Meetings, Incentives, Conferences, Exhibitions) para que elixan Lugo como sede para as súas actividades, entre outras das accións que contempla este plan de marketing”, subliñou.

“A elaboración deste documento veu precedida dun amplo traballo de investigación e diagnose da situación turística actual do municipio. Deste xeito realizouse un análise da evolución do sector en Lugo, os actores clave, os seus atractivos e valores como destino, e o seu posicionamento no mercado nacional e internacional”, explicou Repetto.

Ademais, activouse un proceso participativo no que se convidou a participar a todos aqueles actores que conforman o tecido empresarial do municipio estreitamente vinculado ao sector turístico, co fin de coñecer a súa experiencia e perspectiva.  O proceso participativo iniciouse coa realización dun Focus Group formado por representantes de diferentes administracións públicas, técnicos relacionados coa execución do PSTD e os representantes das principais agrupacións lucenses relacionadas co sector. Tamén se realizaron entrevistas a representantes sectoriais e enquisas a operadores turísticos.

Et edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía

O Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) «Et Edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía» foi incluído nos orzamentos de 2024, reforzando o apoio económico necesario para a súa implementación. Este plan enmárcase dentro da Estratexia de Sostibilidade Turística en Destinos (ESTD), parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado con Fondos NextGenerationEU. A través desta estratexia, o Concello de Lugo busca non só mellorar a oferta turística, senón tamén promover a conservación e valorización do seu patrimonio enogastronómico. As accións incluídas no PSTD abordan diversas áreas, desde a mellora de infraestruturas ata a formación e promoción, co fin de crear un destino turístico sostible e atractivo.

O obxectivo principal deste plan é converter Lugo nun referente gastronómico e cultural, atendendo ao forte compoñente histórico da cidade, mediante a transformación do sector e a xeración de produtos e experiencias turísticas innovadoras que xeren un relato singular que achegue valor para os turistas. Outra das súas principais finalidades será aproveitar ese impulso para a xeración de emprego, mediante a creación de empresas e proxectos que poñan en valor os recursos gastronómicos, culturais e medioambientais, facendo de Lugo un destino competitivo a nivel nacional e internacional cunha demanda non estacional. Por último, busca redefinir o modelo de desenvolvemento turístico, cara un patrón máis sostible, reducindo a pegada de carbono nas actividades turísticas e acelerando os procesos de dixitalización do sector.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

1 junio, 2025

O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus


Ler máis
27 mayo, 2025

O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo


Ler máis
21 mayo, 2025

O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo