• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
Mauricio Repetto participa na primeira sesión de co-deseño do CAM de Lugo xunto con axentes culturais de referencia a nivel nacional
29 octubre, 2024
O Executivo de Alvarellos colabora con máis dunha decena de entidades lucenses para dinamizar a economía e xerar emprego no municipio
8 noviembre, 2024
Mostrar todo

O Executivo de Alvarellos pon en marcha un proceso participativo para concorrer á nova convocatoria de fondos FEDER, o Plan EDIL, co que o Goberno local aspira a mellorar a zona norte da cidade

5 noviembre, 2024
Categorías
  • Desenvolvelugo
  • Economía
Etiquetas

Alvarellos: “Desde mañá habilitaremos unha enquisa na páxina web municipal para que a veciñanza lucense poida mostrar a súa opinión sobre as prioridades de actuación”.

Esta nova liña de axudas europeas pretenden promover o desenvolvemento urbano sostible desde a triple perspectiva medioambiental, económica e social.

A través deste programa,  no que Lugo optará a un total de 20 millóns de euros, o Goberno Local pretende actuar na rexeneración do entorno da Avenida da Coruña e especialmente nos barrios Feijoo e Milagrosa.

O Executivo de Paula Alvarellos porá en marcha un proceso participativo para concorrer á nova convocatoria de axudas financiadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e destinadas ás Entidades Locais para o seu desenvolvemento urbano sostible. Así o avanzou este martes a rexedora quen subliñou que “desde mañá habilitaremos unha enquisa na páxina web municipal para que a veciñanza lucense poida mostrar a súa opinión sobre as prioridades de actuación, no entorno no que se pretende intervir: a Avenida da Coruña e os barrios Feijoo e Milagrosa”.

“A anterior liña de actuación á que destinamos este tipo de fondos centrouse en mellorar a conexión da cidade co río. Algo que conseguimos utilizando un considerable investimento articulado con fondos da UE que nos permitiu actuar en zonas especialmente degradados como o barrio do Carme. Nesta futura convocatoria centraremos o noso esforzo en conquerir financiamento para levar a cabo unha serie de melloras chamadas a transformar a zona norte da cidade, dotándoa de espazos e servizos que permitan incrementar a calidade de vida da numerosa poboación que reside nestes barrios da capital”, sinalou a este respecto a alcaldesa.

Para optar a estas axudas, dende o Concello estase a traballar neste intre na elaboración dun Plan de Actuación Integrado (PAI) –a partir do Plan de Acción da Axenda Urbana ‘Lugo, Cidade Viva’ 2030– que concretará o ámbito de actuación a financiar pola axuda. “Contar coa Axenda Urbana sitúanos nunha posción óptima para acadar estes fondos, posición que se verá consolidada coa PAI que estamos a ultimar. Neste momento, abrimos este proceso para coñecer as actuacións máis demandadas pola cidadanía coa finalidade de estudar a súa incorporación a este Plan de Actuación Integrado, un requisito fundamental para acollerse a esta convocatoria. O EDIL disporá dun orzamento máximo de gasto que variará para cada categoría de beneficiario, sendo a primeira asignación correspondente ás Áreas Urbanas de Grandes Cidades —onde se enmarca Lugo— de 20 millóns de euros, o que sen dúbida supoñería un gran impulso económico que permtiría acurtar os prazos na mellora desta contorna”, explicou Alvarellos.

“Esta importante liña de axudas europeas, que reciben o nome de Plan EDIL, pretenden promover o desenvolvemento urbano sostible dos municipios beneficiarios desde a triple perspectiva medioambiental, económica e social, e que iso redunde nunha mellor calidade de vida para toda cidadanía. Deste xeito, poderemos canalizar a execución de moitas melloras que responden a un único obxectivo final: actualizar o espazo urbano comprendido a ambas marxes da avenida da Coruña tanto no eido económico como no social, baixo criterios de sostenibilidade urbana”, explicou a rexedora.

Esta nova convocatoria, para a que necesario dispor do Pai, conta cunha dotación superior a 1.800 millóns de euros, o que supón un 34% máis respecto á convocatoria denominada EDUSI (Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) correspondente ao anterior período de programación 2014-2020. Os novos proxectos poderán executarse ata o ano 2029.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo