• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O Concello organiza mañá a xornada de portas abertas nos 9 locais comerciais que aluga na Tinería
20 junio, 2018
Éxito da xornada de portas abertas nos locais comercias da Tinería que aluga o Concello: participan unhas cen persoas
21 junio, 2018
Mostrar todo

O Concello pide dous novos obradoiros por 443.000€ para a inserción de 36 desempregados formándoos na difusión dixital do patrimonio

20 junio, 2018
Categorías
  • Desenvolvelugo
  • Espazo Lab>Emprego
Etiquetas
  • Emprego
  • Formación

A Xunta de Goberno aprobou os proxectos IneracTICvate e Forum 4.0, que contemplan, entre outras accións, crear unha App e unha web, e a recreación de elementos patrimoniais en 3D, realidade aumentada e fotografía panorámica

Estas iniciativas súmanse á candidatura do Concello a fondos europeos para un novo plan de emprego, EmPodérate, con 2M€ de orzamento e para 300 lucenses no paro en situación de vulnerabilidade

O voceiro municipal, Miguel Fernández, informou de que a Xunta de Goberno deste mércores aprobou solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria dous novos obradoiros de emprego por importe de 443.000€ para mellorar a inserción laboral de 36 lucenses no paro ofrecéndolles formación na difusión do patrimonio a través de medios dixitais. Trátase dos proxectos InteracTICvate e Fórum 4.0.

– InteracTICvate ten un orzamento 288.473€ e está deseñado para a formación de 20 persoas en dúas especialidades: Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, que inclúe a elaboración dun catálogo que recolla a arte urbana da cidade; e Producción Fotográfica, que contempla o desenvolvemento dunha App turística de promoción dos principais elementos patrimoniais da cidade mediante a aplicación das TIC, para a que se farán recreacións en 3D, realidade aumentada e fotografía panorámica. Para a súa execución contrataranse a tres persoas, entre dirección e monitores.

– Fórum 4.0 precisa un investimento de 154.075,36€ e prevé a formación de 16 persoas, ademais da contratación de outras tres para a súa execución, entre dirección e monitores. As especialidades son Confección e Publicación de Páxinas Web, no que se prevé a creación dun portal de divulgación e difusión dos patrimonio lucense; e Xestión de Márketing e Comunicación, dirixido a poñer en valor a riqueza patrimonial como factor de desenvolvemento e a potenciar a marca Lugo Romano como destino.

Estas dúas iniciativas súmanse á candidatura do Concello, que tamén aprobou hoxe a Xunta de Goberno, para concorrer a fondos europeos co fin de desenvolver un novo plan de emprego, EmPodérate, que, tal e como xa explicou o luns a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Sostible, Ana Prieto, conta cun orzamento de 2M€, dos cales o Fondo Social Europeo achegará o 80% e a entidade local o 20% restante, e está destinado á inserción laboral de 300 lucenses en situación de vulnerabilidade para o mercado de traballo.

“Non temos as competencias en emprego, pero temos e exercemos, como se pode comprobar con estas novas actuacións, a responsabilidade e a obriga de facer todo o posible, con recursos propios e tratando de captar investimentos doutras entidades, para paliar o desemprego no noso municipio. Non podemos, nin daremos ás costas nunca aos 6.214 lucenses que a día de hoxe están no paro”.

Cafetería A Milagrosa

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou abrir o procedemento para a adxudicación da explotación do servizo de cafetería anexa ao centro social municipal da Milagrosa. O importe do canon establecido é de 400 euros ao mes e a duración do contrato de un ano, prorrogable por outros catro.

Casetas e caldeiros

Así mesmo, o Executivo tamén acordou reclamar á empresa Bruxa Consulting o importe de 23.575,80€ en concepto de danos e perdas causados ao Concello polo incumprimento da súa obriga contractual de abonar as taxas ás que viña obrigada pola adxudicación das casetas e caldeiros do polbo 1 e 3 nas festas de San Froilán. O importe reclamado é o resultante da diferencia entre a oferta de Bruxa para o 2017 e a finalmente recadada polo Concello na nova adxudicación, restada a fianza imposta. Así mesmo, tamén se aprobou proceder á tramitación da renuncia dos novos adxudicatarios das casetas e caldeiros 1 e 3, abrir un novo procedemento de licitación para a concesión dos mesmas e, unha vez rematado, incoar, se procede, un expediente de reclamación contra Bruxa Consulting en concepto de danos e prexuízos ao Concello por non pagar as taxas ofrecidas para os anos 2018 e 2019.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre dous novos obradoiros | Descargar mp3
Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
20 febrero, 2025

O CEI Nodus municipal acolle a xornada ‘Xustiza Social’ organizada pola Rede TIL, da que forma parte o Concello


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo