• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese coa firma lucense Perusiñas, instalada no CEI-Nodus, para coñecer a súa expansión internacional
15 febrero, 2024
O centro municipal de información europea, Europe Direct Lugo, convoca o XI Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia
12 marzo, 2024
Mostrar todo

O Concello actualiza as normas de cesión e uso dos locais do CEI-Nodus para potenciar o ecosistema emprendedor lucense

5 marzo, 2024
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
Etiquetas

A Xunta de Goberno Local aprobará esta semana a nova normativa que introduce cambios e melloras con respecto á vixente, do ano 2012.

Repetto: “Buscamos facilitar unha maior rotación nos locais, dando oportunidades a todas e todos os interesados en poñer en marcha os seus proxectos neste viveiro empresarial”.

Os solicitantes só poderán optar a un local e as cesións de uso terán unha vixencia temporal de doce meses, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de 3 anos.

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará na Xunta de Goberno Local desta semana as novas normas reguladoras das autorizacións de uso e acceso aos locais do viveiro de empresas municipal do CEI-Nodus. Así o avanzou este martes o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen subliñou que “renovamos e actualizamos unha normativa que se atopaba en vigor dende o ano 2012, co fin de potenciar o ecosistema emprendedor lucense, facilitando unha maior rotación nos locais e dando oportunidades a todas e todos os interesados en poñer en marcha os seus proxectos neste viveiro empresarial”.

“Así, entre as novidades que introducimos, para promover e diversificar a posta en marcha de novos proxectos na nosa cidade, atópanse a limitación a unha única autorización de uso dun local por parte dun mesmo solicitante, co fin de facilitar o acceso aos espazos a unha maior cantidade de emprendedores; ou a cesión dos locais por unha vixencia temporal máxima de tres anos, para favorecer a renovación das empresas e o apoio ao maior número de proxectos posible”, explicou.

Deste xeito, os solicitantes só poderán optar a un local, a partires da data de aprobación desta nova normativa reguladora e as autorizacións de uso terán unha vixencia temporal de doce meses, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de trinta e seis meses (3 anos). “Igual réxime se aplicará aos usuarios da sala de coworking; mentres que o tempo máximo de permanencia dos emprendedores no semilleiro de empresas será de seis meses”, apuntou Repetto.

O concelleiro lembrou que “a piques de cumplir o seu 20 aniversario, o viveiro de empresas do CEI-Nodus é unha clara mostra da aposta do goberno municipal polo formento da innovación e a cultura emprendedora en Lugo, pois baixo o seu paraugas, xa se desenvolveron máis dun centenar de empresas na cidade, elevándose a porcentaxe de supervivencia das mesmas por riba dun 75%”.

“A través desta ferramenta dende o goberno local tamén buscamos dar oportunidades aos mozos e mozas, para reter o talento en Lugo, e facilitar a implantación de novas empresas na nosa cidade”, subliñou o edil.

“Actualmente todos os espazos e despachos atópanse ocupados, o que dá boa mostra do interese destas instalacións e servizos para os emprendedores e emprendedoras lucenses”, explicou Repetto, quen convidou ás e aos interesados a enviar a súa solicitude que será avaliada no momento en que queden locais dispoñibles.

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo púxose en marcha en novembro de 2004. Conta con 23 espazos para o desenvolvemento da súa actividade por empresas de nova creación, 5 talleres, 2 laboratorios e 16 locais. Tamén conta cun espazo dividido en 5 compartimentos para Semilleiro e un espazo Coworking. Nos últimos cinco anos, un total de 122 empresas estiveron instaladas nestas dependencias municipais, onde tamén recibiron asesoramento uns 220 emprendendedores.

Requisitos de acceso aos locais do CEI-Nodus

Os requisitos que deben cumprir os solicitantes para obter a concesión das autorizacións de uso das oficinas e obradoiros do CEI-Nodus son os seguintes:

–          Non ter participado anteriormente como promotor ou socio dunha empresa que estivera instalada previamente no Cei Nodus nos cinco anos inmediatamente anteriores a presentación da solicitude.

–          Ser empresas de nova ou recente creación. Consideraranse como empresas de recente creación aquelas cuxa antigüidade sexa inferior a 12 meses dende o comezo do seu funcionamento, tomando como referencia a alta no censo de obrigados tributarios.

–          Estar ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente ninguna outra débeda, por ningún concepto, co Concello de Lugo.

–          As empresas deben ter o seu domicilio social e/ou o seu centro de traballo/producción no municipio de Lugo.

–          Ser proxectos empresariais viables e, preferentemente, innovadores, ben sexa pola introducción de novas tecnoloxías ou polo seu carácter novedoso no municipio. – ser pequenas ou medianas empresas (PEMEs), segundo os criterios establecidos pola Comisión Europea, e o seu capital non debe estar participado en máis dun 25% por unha sociedade que non sexa PEME.

As novas solicitudes serán baremadas de acordo cos seguintes criterios: proxección futura/viabilidade; tipo de actividade desenvolta ou prevista; nivel de creación de emprego; fomento de empleo de colectivos desfavorecidos; empresas de economía social; situación persoal e laboral das persoas promotoras.

Semillero de empresas e espazo coworking

O semilleiro de empresas está destinado a facilitar o traballo de maduración de iniciativas empresariais. Este espazo atópase dividido en áreas de aproximadamente 9 metros cadrados, separadas entre si. Os espazos están dotados de mobiliario de oficina, teléfono e conexión a internet. A duración da estadía no Semilleiro de empresas, será de 6 meses.

O coworking é un espazo de traballo compartido por profesionais independentes, PEMES e emprendedores, de diferentes sectores, para desenvolver os seus proxectos profesionais de xeito independente, e ó mesmo tempo fomentar a realización de proxectos conxuntos, sendo o tempo máximo da autorización temporal de uso de 36 meses.

As solicitudes de admisión no semilleiro de empresas e na sala de coworking serán resoltas previo informe do equipo técnico do CEI Nodus por orde de entrada, tomando como base a descrición da idea ou proxecto empresarial ou as actividades empresariais que se están a desenvolver.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

18 enero, 2025

O Executivo de Alvarellos recibe 6 ofertas para xestionar o programa de aceleración TurisTalent 5.0, que serán avaliadas por un comité mixto


Ler máis
3 enero, 2025

A cafetería do CEI Nodus reabre con éxito tras a súa adxudicación e volve a ofrecer servizo aos usuarios do centro e á cidadanía lucense


Ler máis
28 noviembre, 2024

Paula Alvarellos felicita ao persoal do CEI-Nodus polo seu 20 aniversario “grazas ao seu esforzo moitas ideas convertéronse en realidades que xeraron emprego e riqueza”


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo