• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
Hostaleiros interesados na cafetería do CEI Nodus visitaron este mércores as instalacións desta dotación municipal
18 septiembre, 2024
O Executivo de Paula Alvarellos impulsa a contratación do alumnado do obradoiro ArquivaLugo con incentivos económicos para as empresas
25 septiembre, 2024
Mostrar todo

O Coliving Municipal do Carme acolle este mércores a inauguración da intervención ‘Distinta, pero a mesma’ da artista lucense Sabela Eiriz

24 septiembre, 2024
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
Etiquetas

A cita terá lugar a partir das 19:30 horas con acceso libre. Trátase dun proxecto inédito producido para o CAM de Lugo que se poderá contemplar no edificio acristalado.

Repetto: “Este proxecto forma parte da programación que deseñamos dende o Goberno Local ata final de ano para dar a coñecer esta nova dotación e fomentar o seu uso”.

O Coliving Municipal do Carme acollerá este mércores, a partir das 19:30 horas, a inauguración da obra ‘Distinta, pero a mesma’ da artista lucense Sabela Eiriz. “Trátase dunha intervención inédita e site-specific producida para o CAM de Lugo”, explicou o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen invitou á cidadanía a achegarse e contemplar a obra, composta por varias imaxes instaladas no edificio acristalado.

“Este proxecto forma parte da programación que deseñamos dende o Executivo municipal ata final de ano para dar a coñecer esta nova dotación e fomentar o seu uso, mentres que en 2025, prevese que entre en funcionamento o Regulamento das Residencias Artísticas Internacionais do Coliving”, lembrou Repetto.

O Coliving do Carme, inaugurado en xuño, está deseñado para ser un catalizador da cretividade e do desenvolvemento profesional no ámbito artístico e cultural, pero tamén para contribuír á rexeneración desta zona estratéxica de Lugo. En 2025, espérase que entre en funcionamento o Regulamento de Residencias Artísticas Internacionais, o que permitirá a artistas de todo o mundo optar a bolsas para desenvolver os seus proxectos neste espazo durante tres meses.

Así, xa se están a elaborar as bases que regularán a convocatoria destas residencias, para que as e os artistas interesados poidan optar a becas coas que acceder ao Coliving durante tres meses, para desenvolver a súa obra que despois mostrarán ao público na área expositiva deste mesmo centro.

‘Distinta, pero a mesma’ explora o vínculo entre o humano e o natural a través dun pequeno xesto: a man que altera a superficie da auga e o río que deixa a súa pegada na pel. A vibración é unha conversa silenciosa entre dous elementos que se recoñecen e que se transforman mutuamente. Inspirándose na idea de Heráclito de que ninguén pode cruzar o mesmo río dúas veces, esta serie de fotografías afonda nese cambio constante fronte a algo que perdura: o movemento deixa ver o que permanece (e viceversa).

A instalación das imaxes ocupa o oco acristalado do CAM, un lugar a medio camiño entre o río e o centro da cidade, continuamente cambiante coa luz e a natureza que o arrodea. As teas sobre as que están impresas as fotografías permanecen susceptibles ás condicións lumínicas e atmosféricas invitando a contemplar non só o cambio, senón a súa resonancia interna dende o exterior do edificio.

A artista

Sabela Eiriz (Lugo, 1991) Como artista multidisciplinar traballa fundamentalmente con fotografía, escritura e vídeo. A súa linguaxe baséase na poética, nas posibilidades expresivas das imaxes e na hibridación de formas e de formatos. Por outro lado, a súa experiencia e formación en cine e nas artes escénicas aportan unha dimensión corporal e sonora a moitos dos seus proxectos.

Combina unha aproximación conceptual cun hábito contemplativo: o seu traballo responde á contorna que a rodea, tomando as experiencias e as emocións como puntos de partida, especialmente arredor da memoria, o baleiro e os vínculos, así como a metarreflexión sobre a imaxe e os seus usos.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

18 enero, 2025

O Executivo de Alvarellos recibe 6 ofertas para xestionar o programa de aceleración TurisTalent 5.0, que serán avaliadas por un comité mixto


Ler máis
3 enero, 2025

A cafetería do CEI Nodus reabre con éxito tras a súa adxudicación e volve a ofrecer servizo aos usuarios do centro e á cidadanía lucense


Ler máis
28 noviembre, 2024

Paula Alvarellos felicita ao persoal do CEI-Nodus polo seu 20 aniversario “grazas ao seu esforzo moitas ideas convertéronse en realidades que xeraron emprego e riqueza”


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo