• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O Executivo de Alvarellos impulsa o sector turístico e enogastronómico a través dun programa destinado a acelerar proxectos innovadores
17 octubre, 2024
Adxudicada a cafetería do CEI, que retomará a súa actividade nas vindeiras semanas
21 octubre, 2024
Mostrar todo

O Coliving do Carme acollerá este outono dúas sesións de deseño colaborativo coa participación de destacados axentes culturais

20 octubre, 2024
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
Etiquetas

A primeira terá lugar o 29 de outubro baixo o título Residencias artísticas: creación, lugares, vínculos e a segunda, Boas prácticas culturais en residencias artísticas, o 21 de novembro.

Mauricio Repetto: “Este proxecto forma parte da programación que deseñamos dende o Executivo ata final de ano para dar a coñecer esta nova dotación e fomentar o seu uso”.

Están dirixidas a profesionais da cultura con interese en participar do diálogo posterior e poderán asistir con inscrición previa a través do correo electrónico cam@lugo.gal

O Coliving Artístico Municipal do Carme acollerá este outono o programa Páxina en branco: sesións de codiseño para o CAM. “Deste xeito, os días 29 de outubro e 21 de novembro levaranse a cabo dúas xornadas que contarán coa presenza de axentes culturais de referencia que compartirán as súas visións ao redor da programación de residencias artísticas”, explicou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto.

A sesión do 29 de outubro denomínase Residencias artísticas: creación, lugares, vínculos. Nela diferentes axentes culturais referentes no desenvolvemento de proxectos de residencias compartirán as súas experiencias de deseño, xestión e comisariado de residencias e os seus impactos na profesionalización dos artistas, no territorio, as súas comunidades ou a dinamización local. A xornada contará coa participación de Susana González (Comisaria e responsable do Centro de Arte FMJJ en A Coruña); Miriam Vilaseco (Directora de Espazo e Galería Vilaseco en A Coruña e Chantada); José Iglesias G Arenal (responsable da plataforma curatorial MAL, mediador en Concomitentes, Los Santos de Maimona, Estremadura); e o Colectivo Glovo (colectivo artístico, responsables das residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando, Lugo).

Mentres que na sesión do 21 de novembro, baixo o título Boas prácticas culturais en residencias artísticas, abordaranse as repercusións das boas prácticas nos proxectos de residencias artísticas. Así, exploraranse diversos enfoques sobre a profesionalización, a sustentabilidade, o acceso á cultura, ou protocolos para espazos seguros. Participarán Zaida Llamas e Alfredo Puente (Coordinación xeral e curadoría da Fundación Cerezales Antonino e Cinia, Cerezales do Condado, León); e Ania González (avogada especializada en dereito da cultura e propiedade intelectual, Vigo), entre outros profesionais por confirmar.

“Estas sesións forman parte da programación que deseñamos dende o Executivo municipal ata final de ano para dar a coñecer esta nova dotación e fomentar o seu uso, mentres que en 2025, prevese que entre en funcionamento o Regulamento das Residencias Artísticas Internacionais do Coliving”, lembrou Repetto, quen explicou que “están dirixidas a profesionais da cultura con interese en participar do diálogo posterior”. As e os interesados poderán asistir de balde con inscrición previa a través do correo electrónico cam@lugo.gal (prazas limitadas).

O Coliving do Carme, inaugurado en xuño, está deseñado para ser un catalizador da cretividade e do desenvolvemento profesional no ámbito artístico e cultural, pero tamén para contribuír á rexeneración desta zona estratéxica de Lugo. En 2025, espérase que entre en funcionamento o Regulamento de Residencias Artísticas Internacionais, o que permitirá a artistas de todo o mundo optar a bolsas para desenvolver os seus proxectos neste espazo durante tres meses.

Así, xa se están a elaborar as bases que regularán a convocatoria destas residencias, para que as e os artistas interesados poidan optar a becas coas que acceder ao Coliving durante tres meses, para desenvolver a súa obra que despois mostrarán ao público na área expositiva deste mesmo centro.

Durante este ano 2024 o CAM Lugo xa foi testemuña de numerosas actividades destinadas a diversos públicos, tales como obradoiros, concertos, charlas ou encontros con axentes e colectivos culturais.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

18 enero, 2025

O Executivo de Alvarellos recibe 6 ofertas para xestionar o programa de aceleración TurisTalent 5.0, que serán avaliadas por un comité mixto


Ler máis
3 enero, 2025

A cafetería do CEI Nodus reabre con éxito tras a súa adxudicación e volve a ofrecer servizo aos usuarios do centro e á cidadanía lucense


Ler máis
28 noviembre, 2024

Paula Alvarellos felicita ao persoal do CEI-Nodus polo seu 20 aniversario “grazas ao seu esforzo moitas ideas convertéronse en realidades que xeraron emprego e riqueza”


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo