• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
A estratexia dos Tardeos, impulsada por Lara Méndez, ampliarase a Augas Férreas tralo éxito da iniciativa no barrio da Tinería
6 agosto, 2020
23 emprendedores completaron o curso online de comunicación dixital, organizado polo Concello e impartido pola lucense Mar Castro
20 agosto, 2020
Mostrar todo

O certame municipal Connexio premia seis intervencións artísticas orixinais que levarán a arte contemporánea ás igrexas do rural

17 agosto, 2020
Categorías
  • Desenvolvelugo
  • Europe Direct Lugo
Etiquetas

A 1ª edición do premio, activado por Lara Méndez e o Obispado para pór en valor o Camiño, recibíu 220 propostas de artistas residentes en España, Reino Unido e Alemaña

Os proxectos abarcan accións sonoras, pictóricas, escultóricas e performance, que fusionarán a arte sacra e a contemporánea nunha acción cultural pioneira en España.

Os artistas comezarán a preparar as súas obras no mes de setembro, execucións que en moitos casos contarán coa participación da veciñanza e do público.

A I edición do Certame ‘Connexio, espazos para a reflexión’ conta xa con proxectos premiados tras reunirse o xurado a finais da semana pasada. En total son seis intervencións artísticas que se desenvolverán en igrexas da zona rural de Lugo situadas a pé do Camiño Primitivo, nunha acción posta en marcha polo executivo de Lara Méndez, en colaboración co Obispado de Lugo, co fin de promover esta ruta de peregrinaxe, Patrimonio da Humanidade.

A través desta iniciativa pioneira en España, o Concello, a través da área de Desenvolvemento Local, quere pór en valor o itinerario xacobeo con vistas ao vindeiro Ano Santo como elemento dinamizador das artes e do talento e do patrimonio cultural, histórico e arquitectónico do rural, así como desenvolver unha aposta por un turismo que busca experiencias diferentes.

A alcaldesa de Lugo sostén que “é unha ocasión única para dinamizar o tecido artístico, empresarial e turístico do municipio, establecendo conexións entre os axentes culturais, a veciñanza e os peregrinos e facelos así partícipes e parte activa do proxecto”.

O xurado destacou a alta calidade e gran variedade das propostas presentadas, así como as diferentes disciplinas artísticas elixidas. Non foi unha elección fácil xa que optaron 220 artistas nunha convocatoria que saíu tamén fóra do país xa que os proxectos corresponderon a artistas residentes en España, pero tamén en Reino Unido e Alemaña.

Os artistas estiveron durante varios días visitando as igrexas para poder acomodar os seus proxectos ás mesmas, visitas que causaron bastante interese entre a veciñanza do rural, coa que se reuníu a alcaldesa para explicarlles cal é o proxecto en marcha.

Entre outras valoracións recollidas nas bases da convocatoria, o xurado tivo en conta a orixinalidade da intervención, así como a calidade e a excelencia. Ademais, buscábase que foran proxectos viables e presentados con claridade, que contasen coa colaboración multidisciplinar da veciñanza e a comunidade das parroquias nas que se atopan as igrexas e que foran intervencións sostibles e respectuosas co patrimonio e medioambiente.

O xurado estivo formado por un comité de expertos composto por Susana González (comisaria independente e xestora cultural), Ángel Calvo Ulloa, (crítico de arte e comisario independente), César Carnero (delegado de Patrimonio histórico-artístico e director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo), María Esther Muñoz Mella (Directora da E.A.S.D. Ramón Falcón de Lugo) e Norman Veiga, como secretario do Xurado, con voz pero sen voto.

“Os Premios Connexio poñen a Lugo como punto de referencia no Camiño e ademais no mundo da arte contemporáneo, e son, desde logo, unha experiencia en innovación que enriquece á zona rural do municipio”, segundo destacou a María Esther Muñoz. “Foi unha experiencia moi positiva, con unha participación alta e variada nas propostas e técnicas artísticas. O máis importante para min son as conexións que se establecen entre os espazos, o Camiño e a propia realidade da arte contemporánea e a arte sacra”, sostivo César Carnero.

PREMIADOS/AS

Capela do Carme – RODRÍGUEZ-MÉNDEZ (Pontevedra, 1968)

Este recoñecido artista, que leva expondo as súas obras desde hai 17 anos por toda España, pero tamén en Latinoamérica, Europa e Nova York, proxecta nesta capela unha intervención que baixo o nome de ‘Del hijo, la respiración’, contará para o seu desenvolvemento coa colaboración dos membros da Cofradía da Virxe do Carmen.

O xurado valorou da súa proposta “a súa capacidade para sintetizar nos seus proposta aspectos conceptuais relativos á tradición e a forma de entender o espazo na resolución formal”.

San Pedro de Mera – Ainara Legardón (Bilbao, 1976)

Artista e compositora, leva en activo máis de 25 anos. Os seus 7 discos en solitario, considerados como referentes na escena independente, foron encomiados pola prensa especializada. Realizou xiras por toda Europa e Estados Unidos. Á marxe do ámbito do rock, desenvolve un prolífico traballo no campo da performance, a música experimental e a improvisación, tanto en solitario como formando parte de diferentes colectivos e pezas escénicas.

Levará a cabo en San Pedro de Mera unha intervención sonora e perfomática, que terá en conta tanto a acústica do espazo como a súa historia. “De entre as moitas propostas recibidas vencelladas á música experimental, a de Ainara Legardón adecúase dun xeito claro ás premisas deste premio. A súa bagaxe como compositora e intérprete reforzan a elección”, segundo o xurado.

San Miguel de Bacurín – Álvaro Negro (Lalín, 1973)

Na súa traxectoria, este artista non perde de vista no xénero pictórico as cuestións históricas que, por similitude ou contraste, son pertinentes respecto do seu status contemporáneo. Así, pódense atopar nelas referencias á luz na pintura do Renacemento ou o tenebrismo do Barroco. Ademais, as súas imaxes se enraízan na cuestión espazo-temporal, e aínda sendo moitas veces abstractas, establecen unha ligazón con experiencias do cotián.

O seu proxecto contempla un conxunto de pezas esculpidas con granito negro no exterior da igrexa. O xurado valorou a “capacidade evocativa das pezas, sumado ao desenvolvemento teórico co que xustifica a súa intervención, que fan desta acción mínima a mais axeitada para unha arquitectura que non precisa de grandes despregues.”

San Vicente do Burgo – Juan López Díez  (Cantabria) 1979

O traballo deste autor, que emprendeu unha viaxe sobre en torno ao modo en que a experiencia de habitar delimita a percepción do espazo e o tempo, foi exposto en galerías, centros de arte, feiras e museos nacionais e internacionais.

O proxecto gañador, inspirado na música sacra, busca construír novos significados, traducións e resignificacións sobre elementos xa existentes na igrexa. Creará unha peza interactiva, que porá en marcha o público, co fin de transformar en son os signos numéricos e outras marcas das pedras do templo. O xurado valorou a súa “acertada decisión de traballar segundo as características especiais da igrexa de San Vicente do Burgo, e pola forza que a nivel formal demostra a súa proposta”.

San Xoán do Alto – Estelle Julian (Aviñón, Francia)

Esta artista vive e traballa en Valencia. A súa practica aborda diferentes campos como a arquitectura, a arte, a ecoloxía e a participación. Interésanlle os procesos de desenvolvemento de ferramentas inclusivas que poidan concretarse en talleres, proxectos comunitarios e exposicións, onde o espazo enténdese desde unha perspectiva social e cultural. Ese interese por practicas espaciais contemporáneas e polo medio ambiente lévalle tamén a investigar o espazo urbano e rural de maneira máis experimental.

O xurado prémiaa “por tratarse dunha acción participativa que convida a reflexionar sobre a importancia do liño na tradición téxtil e o papel da muller na súa fabricación, e pola sutileza na súa materialización”.

Santa María de Gondar – Xesús Otero Yglesias (Lugo, 1963)

Este lucense obtén en 1993 unha bolsa Unión Fenosa coa que se traslada a Bélxica onde tivo varias exposicións individuais e colectivas. Expuxo en boa parte do territorio nacional  e recibiu o Gran Premio de Honra da Real Academia de Belas Artes da Coruña (2000) e o Premio Pilar Juncosa e Sotheby,s da Fundación Pilar e Joan Miró de Mallorca (2004), ademais  de distincións internacionais como o terceiro premio no certame dos Premios Europa da cidade belga de Ostende (1993).

O seu proxecto, que se basea nas imaxes da cruz, foi premiado polo “vínculo directo co territorio no que se desenvolve, así como pola relación establecida con detalles ornamentais desta igrexa e a versatilidade que manifesta”.

Na páxina web do proxecto https://www.connexio.es/participa/ pódese ver a acta da resolución dos premios, que pasan agora á seguinte fase, a de produción e execución das intervencións artísticas nos espazos, que terá lugar en cada unha das igrexas durante o mes de setembro.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo