• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
Unha vintena de profesionais e axentes culturais da cidade participan na primeira sesión de escoita celebrada no Coliving Artístico Municipal
31 julio, 2024
O Executivo de Paula Alvarellos acondicionará 22 sendas rurais e urbanas con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística
10 agosto, 2024
Mostrar todo

O Caudal Fest ampliará este ano a súa programación con dúas sesións vermú nas Caldas e no Coliving

9 agosto, 2024
Categorías
  • Desenvolvelugo
  • Economía
Etiquetas

O Executivo de Paula Alvarellos pretende, así, incrementar o aproveitamento destes dous equipamentos municipais e que o festival contribúa a dinamizar toda a contorna fluvial.

A área de Dinamización Económica dará a coñecer proximamente aos artistas destas actuacións, que terán lugar o xoves 19 e o sábado 21 de setembro.

“Queremos rendibilizar ao máximo o éxito de convocatoria desta cita musical e ofrecer actividades culturais de calidade que enriquezan a vida da veciñanza e atraian visitantes á nosa cidade”, destacou a rexedora.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou hoxe que o Caudal Fest ampliará este ano a súa programación con dúas sesións vermú nas Caldas e no Coliving.

Unha iniciativa coa que a rexedora pretende incrementar o aproveitamento destes dous equipamentos municipais e que o festival contribúa, así, a dinamizar o conxunto da contorna fluvial.

“É o exemplo perfecto de como podemos rendibilizar ao máximo tanto esta cita musical como as dotacións públicas das que dispoñemos, ofrecendo  actuacións culturais de calidade que enriquezan a vida da veciñanza e atraian visitantes á cidade”, afirmou.

Segundo a alcaldesa, estas sesións poñen de manifesto, igualmente, a versatilidade de ambas as dúas instalacións para albergar actividades e eventos multidisciplinares.

“Se ben a ubicación do Coliving Artístico Municipal e o espazo exterior co que conta ao seu arredor o configuran como un escenario fabuloso para celebrar espectáculos ao aire libre, achegando a música ao centro da cidade e axudando a revitalizar unha zona tan emblemática como a do Carme, as Caldas – moi próximas ao recinto do propio festival – nos ofrecen un recinto de relax marabilloso cuxa existencia queremos proxectar, tamén, como reclamo turístico”, abondou Paula Alvarellos.

“O obxectivo é divulgar a existencia de todos os recursos municipais e enchelos de vida aproveitando as datas do Caudal, ofertando unha programación lúdica de interese para a poboación pero tamén propiciando, á súa vez, a dinamización económica do municipio”, sinalou.

Neste sentido, o tenente de alcaldesa de Dinamización Económica, Mauricio Repetto incidiu nas cualidades das dúas infraestruturas.

“Cremos que o Coliving será, moi pronto, un punto de nacemento de proxectos e un catalizador para a creatividade, a colaboración e o desenvolvemento profesional en áreas relacionadas con diversas disciplinas artísticas e a creación contemporánea, ao tempo que axudará a incentivar o lecer cultural e a rexenerar unha zona estratéxica da capital. E, en canto as Caldas do Miño, estas son xa un atractivo tanto para visitantes como lucenses debido á súa configuración moderna pero tamén accesible, polo que pode resultar moi produtivo diversificar o seu funcionamento”.

Antes de rematar, Repetto Morban avanzou que as e os artistas que protagonizarán as sesións vermú, que terán lugar o xoves 19 e o sábado 21 de setembro, se darán a coñecer proximamente.

O Caudal Fest 2024, evento xa consolidado como a última gran festa do verán, terá lugar esa fin de semana. A edición deste ano contará con artistas de renome como Amaral, Mikel Izal, Viva Suecia, Arde Bogotá, entre outros.

Na convocatoria anterior, o Caudal Fest chegou a reunir a 37.567 persoas en Lugo, xerando un retorno económico de 7,3 millóns de euros para o municipio e creando máis de 350 empregos directos e 2.000 indirectos.

Estas cifras reforzan a aposta do Gobermo local pola industria cultural como un elemento dinamizador da economía da cidade. Por iso, para o Executivo de Paula Alvarellos, estas sesións vermú son un claro exemplo de como se poden utilizar os recursos existentes para atraer a un público diverso e fomentar a produtividade na contorna.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo